Denunciamos o exercicio sistemático da violencia nas fronteiras

A masacre ocorrida en Melilla pola cal perderon a vida, polo menos, 37 persoas, é consecuencia dunha política que externaliza e militariza as fronteiras, nega os dereitos humanos e ataca a quen busca refuxio. É o resultado da necropolítica que rexe na fronteira Sur.

Presentación do Informe 2022 de Oxfam Intermon

Oxfam Intermon presenta, un ano máis, o seu informe sobre cooperación internacional hoxe mércores ás 16:30h no Círculo de Belas Artes (Madrid) e tamén a través de streaming na súa canle de Youtube. Este ano, o informe presenta cambios na estrutura e o enfoque: ante un momento tan desafiante para a cooperación internacional tocaba darlle unha volta.