España debe aprobar xa unha lei que poña fin aos abusos empresariais sobre os dereitos humanos e o medio ambiente

A Plataforma polas Empresas Responsables pide apoio cidadá para que España aprobe unha lei realmente eficaz que poña fin aos abusos das empresas sobre os dereitos humanos e o medio ambiente, tanto dentro como fora das nosas fronteiras.

Fonte: AGARESO

20 Xuño 2022 |

A Plataforma polas Empresas Responsables, que representa a máis de 530 organizacións da sociedade civil, presentou hoxe a campaña “Apoya una Ley Made in Spain”. Unha Iniciativa que busca o apoio cidadá para esixir ao Goberno unha lei que poña fin aos abusos das empresas sobre os dereitos humanos e o medio ambiente, tanto dentro como fora das nosas fronteiras.

Na actualidade, as empresas operan en todo o mundo, desenvolvendo as súas actividades ou comercializando os seus produtos máis alá das súas fronteiras nacionais. En moitos casos as empresas non actúan respectando os dereitos humanos ou o medio ambiente. Os acordos de voluntariedade demostráronse que non son suficientes e as malas praxes empresariais seguen causando graves prexuízos ás persoas, ás comunidades e ao medio ambiente. Ademais, en moitos dos casos, as empresas non renderon contas e as vítimas non puideron acceder á xustiza nin ser reparadas.

É urxente que España aprobe unha lei que garanta a xustiza para as persoas e o medio ambiente fronte ás empresas que abusan. Para que a lei sexa efectiva debe adoptar requisitos claros, sólidos e esixibles ás empresas para que actúen coa debida dilixencia respectando os dereitos humanos e o medio ambiente ao longo da súa cadea de valor e que garanta o acceso á xustiza para as vítimas de abusos corporativos.

A UE xa deu un primeiro paso cunha proposta de directiva sobre debida dilixencia das empresas en materia de sostibilidade. Amaia Aceiro, do Observatorio de RSC e coordinadora da Plataforma polas Empresas Responsables, indica que “pese a ser un paso fundamental hacia la rendición de cuentas, la conducta empresarial responsable y el acceso a la justicia, contiene ciertas fallas que podrían hacer que la futura ley no sea realmente efectiva”.

Contar cunha lexislación nacional de debida dilixencia empresarial é beneficioso para todo o mundo

Outros países xa contan con lexislación nacional sobre responsabilidade empresarial como Francia, dende 2017, e Alemaña e Noruega, dende 2021. En Francia, cun maior percorrido, as persoas afectadas polos abusos cometidos polas empresas francesas en terceiros países (EDF en México ou Casino na Amazonía Brasileña e Colombiana) teñen a oportunidade de reclamar xustiza ante os tribunais franceses. Isto amosa que contar cunha lei nacional é efectivo para esixir responsabilidades ás empresas e garantir a reparación ás vítimas. Así o contou Eduardo Villareal de Prodesc México “Se ha puesto una demanda civil en Francia al gigante EDF por la escalada de violencia que generó en Unión Hidalgo, por no respetar los derechos de los pueblos indígenas, que no fueron consultados ni dieron su consentimiento a la actividad de la empresa en sus territorios”, engadindo que “sin esta legislación la comunidad zapoteca no habría podido demandar a EDF ya que la empresa se habría escudado en que tendría que haber sido juzgado por la autoridad mexicana”.

En Alemaña a lei aínda non entrou en vigor, pero Franziska Humbert de Oxfam Alemaña destacou o amplo apoio conseguido na aprobación da lei do goberno, o sector empresarial e da cidadanía, engadindo que “las empresas que apoyan la legislación quieren igualar el terreno de juego para que aquellas que lo hacen bien de forma voluntaria no se encuentren en desventaja competitiva”.

España ten a oportunidade de liderar a construción dunha economía respectuosa cos dereitos humanos e o medio ambiente

En decembro de 2021, o Secretario de Estado da Axenda 2030 anunciou o traballo sobre unha iniciativa lexislativa de debida dilixencia en materia de dereitos humanos e en abril de 2022 levouse a cabo unha consulta pública do anteproxecto de Lei. “El Gobierno ha dado un primer paso, incluyendo en el Plan Anual Normativo la propuesta de ley, pero ahora necesitamos que se haga realidad y llegue al Congreso para ser votada en esta legislatura. Los derechos humanos y las víctimas no pueden esperar más”, apuntou Almudena Moreno de Alianza por la Solidaridad-ActionAid.

As organizacións da Plataforma polas Empresas Responsables mobilízanse para pedir apoio á cidadanía, coa campaña “Apoya una Ley Made in Spain” para esixir que España aprobe unha lei que sexa realmente eficaz.

Contar cunha lei nacional axudaría a fortalecer o texto da directiva europea que, aínda que significa un punto de inflexión na loita para terminar coa impunidade corporativa, sofre importantes carencias e excepción que poden socavar a súa finalidade.

A Plataforma polas Empresas Responsables pide ao goberno cumprir coa súa promesa electoral e tomar o liderazgo na construción dunha economía respectuosa cos dereitos humanos e medio ambiente e aprobar sen demoras unha lexislación de debida dilixencia empresarial antes de que se acabe a lexislatura. As vítimas de abusos cometidos por empresas non poden esperar.

A Plataforma polas Empresas Responsables está formada por 15 organizacións españolas de sociedade civil e representa a máis de 530 entidades:  Alboan, Alianza por la Solidaridad-ActionAid, Anesvad, Amnistía Internacional, Coordinadora Estatal de Comercio Justo, La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo, Economistas sin Fronteras, Enlázate por la Justicia, Entreculturas, Fundadeps, Greenpeace, Observatorio de la RSC, Oxfam Intermón, Setem-Ropa Limpia e USO.

 

Consulta o dossier con información sobre casos de abusos empresariales en varios lugares do mundo. 

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: