Solidariedade co pobo ecuatoriano

Foro CELAG.ORG

Como organizacións de cooperación para o desenvolvemento, sumámonos a  LaFede.cat e á Coordinadora estatal de ONGD, da cas somos socias, para expresamos a nosa solidariedade co pobo ecuatoriano: coas nacións indíxenas, coas diversas asociacións de mulleres, coas organizacións sociais e sindicais. Rexeitamos rotundamente a represión que o goberno está a exercer contra miles de persoas que se manifestan fronte as medidas neoliberais anunciadas; medidas froito dun acordo asinado o pasado mes de febreiro co FMI. O pobo ecuatoriano ten memoria e lembra as graves consecuencias que medidas deste tipo tiveron sobre as súas condicións de vida na década dos 90: empobrecemento xeralizado, precarización das condicións laborais, exclusión social; consecuencias especialmente graves para miles de mulleres que se viron obrigadas a migrar. Solidarizámonos coas case 500.000 persoas ecuatorianas que viven no Estado español,  todo o noso apoio ás súas familias.

Apoiamos as loitas históricas do pobo ecuatoriano pola defensa dos bens comúns, o territorio das nacións indíxenas e a protección dos recursos ante un modelo extractivo que nos levou á emerxencia climática global.

Rexeitamos a declaración do estado de excepción e a violencia exercida polo goberno. Un mecanismo que permite a represión das manifestacións, a suspensión do dereito de reunión e asociación, o control dos medios de comunicación ou a detención arbitraria.

Chamamos ao goberno ecuatoriano a acabar con esta represión e iniciar un diálogo sostido que permita acabar con esta grave crise. Pedimos o goberno español en funcións que actúe de maneira inmediata e demande ao goberno ecuatoriano o cumprimento efectivo dos tratados internacionais en materia de dereitos humanos.

Fonte: La Fede.cat