O Goberno Rexional de Murcia fulmina a Dirección Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento

Na mañá do venres 3 de xuño fíxose público que o Consello de Goberno da Rexión de Murcia modificou o organigrama dalgunhas das súas consellerías, afectando de xeito moi negativo á Dirección Xeral de Goberno Aberto e Cooperación, onde a Cooperación queda fulminada da estrutura da Comunidade Autónoma.

Fonte: AGARESO

06 Xuño 2022 |

Esta reestruturación do organigrama da Consellería de Isabel Franco supón un gran retroceso e a desarticulación da política de Cooperación

Na mañá do venres 3 de xuño fíxose público que o Consello de Goberno da Rexión de Murcia modificou o organigrama dalgunhas das súas consellerías, afectando de xeito moi negativo á Dirección Xeral de Goberno Aberto e Cooperación, onde a Cooperación queda fulminada da estrutura da Comunidade Autónoma. Será a Dirección Xeral de Servizos Sociais e Relacións co Terceiro Sector quen se encargue de xestionar esta política, pero sen estrutura propia.

Ante esta terrible decisión queremos amosar a nosa preocupación ao que consideramos un enorme retroceso para a política pública de Cooperación murciana, e para tódalas persoas que traballan por mellorala.

Esiximos que a Cooperación non depende dos vaivéns políticos

Moitas veces reclamamos tempo atrás que a Cooperación necesita dunha estrutura administrativa sólida, dotada de recursos e persoal suficientes. Este tipo de accións van na dirección totalmente contraria. Supón un desmantelamento practicamente total da actual estrutura, xa de por si débil e insuficiente, pero capaz de conseguir grandes avances, impulsando e dando forza á política de Cooperación, como reflexa o alto grao de cumprimento do Pacto por unha Política Pública de Cooperación firmado en 2019. Encaixar a Cooperación dentro dunha consellería con tal volume de competencias e sen practicamente persoal técnico para esta área, supón condenala case á desaparición, facendo que se dilúa e se volva minúscula ante o que a rodea.

A Dirección Xeral de Servizos Sociais non inclúe como competencias propias a Cooperación. A través deste tipo de procedementos estase restando importancia a esta política, situando á Rexión de Murcia nunha total incapacidade para facer fronte ás consecuencias dos actuais desafíos globais, como a incidencia da covid-10 ou o conflito da Ucraína. Decisión, que parecen incluso arbitrarias, como a desvinculación das accións relacionadas coa Axenda 2030 (as cales se quedan na Dirección de Transparencia) da política de Cooperación amosa o sensentido do esqueleto administrativo que se pretende crear.

A Cooperación Internacional é hoxe máis importante ca nunca. Enfrontámonos a unha crise global en termos climáticos, sanitarios, bélicos, financeiros e alimentarios. Mentres que a nivel nacional temos toda a atención posta na elaboración da nova lei de cooperación estatal, a cal reforza o actual sistema de Cooperación fronte a estes retos mundiais, o goberno da Rexión de Murcia amosa a súa incapacidade de estar á altura ante esta situación.

Dende a CONGDRM esixen que se rectifique esta decisión e se dea marcha atrás. Tememos profundamente que se atrasen, ou incluso, se queden sen resolver, cuestión fundamentais como convocatorias pendentes de resolución ou a elaboración do rexistro de ONGDs. E, especialmente, a CONGDRM atópase actualmente inmersa no proceso de elaboración do II Plan Director, e todo o que supoña entorpecer este procedemento é sinónimo de dinamitar a política de Cooperación Pública da Rexión de Murcia.

Fonte: Coordinadora ONG para el Desarrollo Región de Murcia

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: