As organizacións que formamos parte da Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo advertimos das graves consecuencias que terá para a poboación palestina a decisión de Israel de retirar o rexistro a preto de 40 organizacións humanitarias que operan en Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste.
Estas organizacións veranse obrigadas a pechar as súas actividades nun prazo de 60 días dende o comezo do ano se non cumpren cunha serie de requisitos establecidos polo Goberno de Israel.
Estes requisitos inclúen, entre outras cuestións, entregar unha lista do persoal palestino de cada organización e das súas familias. Unha esixencia que vulnera os principios humanitarios, as obrigas de coidado do persoal e as normas internacionais de protección de datos.
Así, o Goberno de Israel dá un paso máis nas medidas restrictivas que impuxo ás organizacións humanitarias, de paz e de dereitos humanos; especialmente ás palestinas, que sofren dende hai décasas persecución e acoso constantes.
Que implica para Palestina o ceses das actuacións das ONG internacionais?
O posible cese das actuacións das ONG internacionais en Palestina suporá consecuencias incalculables para unha poboación que se encontra nunha situación humanitaria deplorable. Significará, tamén, un precedente que pode abrir a porta a medidas similares noutros lugares do mundo, socavando aínda máis o dereito internacional e os principios humanitarios.
A pesar do alto o fogo, o xenocidio continúa, con ataques que acabaron coa vida de máis de 70.000 persoas dende outubro de 2023 e un bloqueo do acceso da axuda humanitaria e dos servizos máis esenciais que está a provocar un sufrimento extremo sen precedentes.
Un rol insustituíble
As organizacións humanitarias xestionan ou apoian aproximadamente o 60 % dos hospitais de campaña de Gaza e o 42% de todos os servizos de auga, saneamento e hixiene.
A cancelación do rexistro das ONG internacionais resultaría no peche inmediato de aproximadamente un de cada tres centros de saúde. No 2024, proporcionaron más da metade de toda a asistencia alimentaria, incluíndo a meirande parte dos puntos de distribución de comidas cociñadas e todos os tratamentos de nenos e nenas con desnutrición aguda grave. Implementaron case tres cuartas partes de todas as actividades de refuxio e artículos non alimentarios e ofreceron apoio psicosocial.
En Cisxordania y Xerusalén Leste o seu traballo tamén é clave para garantir dereitos esenciais dunha poboación cada vez máis asediada polo exército de Israel e o despregue violento de asentamentos ilegais. O paso mes de novembro, a ONU denunciou que “2025 se converteu no ano máis violento para a poboación palestina en Cisxordania, incluída Xerusalén Leste, dende que hai rexistros”. Unha violencia que agrava a política de apartheid que durante décadas levou a cabo Israel como forma de desprazar, oprimir e desposeer á poboación palestina: asentamentos ilegais de colonos, demolición de vivendas, danos en infraestruturas e terras de cultivo ou incursións en campamentos de persoas refuxiadas.
Durante os últimos dous años, as ONG internacionais —incluídas as do Estado español— sostiveron o seu labor humanitario pese a ataques, restricións e o asasinato de persoal -sobre todo palestino-, mantendo todo o apoio humanitario que foi posible, defendendo o dereito internacional e realizando unha incidencia política constante.
En coordinación con organizacións palestinas e de par da cidadanía, as ONG denunciamos as violacións sistemáticas de dereitos humanos por parte do Gobierno de Israel e intensificamos a presión en ámbitos nacionais e internacionais para garantir o respecto ao Dereito Internacional Humanitario, a continuidade do seu labor, a fin do comercio de armas con Israel e un alto o fuego sostido e permanente.
Medidas urxentes
As ONG españolas que traballan en Palestina esixen o cumprimento das demandas recollidas na proposición non de lei (PNL) aprobada no Congreso en 2024: alto o fogo permanente, garantía do acceso humanitario suficiente e sostido, respecto do Dereito Internacional Humanitario e os dereitos humanos, fin do comercio de armas e fomento dunha solución negociada.
Xunto coas súas socias palestinas e o resto de organizacións humanitarias internacionais, reiteran que continuarán o seu traballo onde sexa posible e como sexa posible. Seguirán exercendo o seu deber humanitario e presionando a todas as instancias políticas para que se tomen medidas firmes fronte o xenocidio, a violación sistemática do alto o fogo e a persecución e acoso das organizacións humanitarias, de dereitos humanos e paz por parte do Goberno de Israel.
Do mesmo xeito, chaman á cidadanía a continuar apoiando a Palestina e a seguir presionando para que España e a comunidade internacional poñan fin ao comercio de armas con Israel. Neste sentido, chaman a participar nas movilizacións que haberá en todo o Estado español do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro.

