Nigrán, Marín e Combarro súmanse ao Comercio Xusto

Os tres concellos acollerán actividades de sensibilización arredor do consumo responsable e de difusión de alternativas sustentables para o medio e as persoas

Fonte: IPPDH

22 Novembro 2019 |

Do 24 o 28 de novembro, Nigrán, Marín e Combarro acollerán actividades de difusión do comercio xusto destinadas a todas as idades. Os tres concellos serán o escenario de obradoiros de showcooking con produtos de comercio xusto, feiras e obradoiros de cociña infantil para que os nenos e as nenas aprendan sobre a orixe dos alimentos co mandil posto. As distintas actividades enmárcase no proxecto ‘Defensoras de Dereitos’ impulsado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD.

Con estas actividades quérese sensibilizar sobre o consumo responsable, dar a coñecer as consecuencias sociais e ambientais do actual modelo de consumo e promover alternativas vinculadas ao consumo responsable e ao comercio xusto, ferramentas que contribúen a acadar relacións comerciais máis xustas e equitativas entre quen produce, quen distribúe e quen consume. Por outra banda, todas as propostas de sensibilización e divulgación terán como eixe común recoñecer o papel protagonista das mulleres nas iniciativas de comercio xusto e na defensa do territorio e dos dereitos das comunidades.

Tipo de actividades programadas:

As Feiras de Comercio con Sentido serán espazos ao aire libre nos que se ofrecerá información sobre a orixe de produtos como o cacao, o azucre, o café… Tamén sobre a súa produción, comercialización, características e variedades así coma os problemas que afrontan as persoas produtoras ata que chegan ás nosas mans (barreiras arancelarias, patentes, explotación laboral, danos ambientais, etc.). A Feira tamén permitirá observar as diferenzas entre as variedades dos produtos, contará cun espazo de degustación, unha exposición e un xogo de rúa.

O obradoiro infantil ‘Coñecendo o comercio xusto a través da cociña’ está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. A través da cociña achegaranse de forma lúdica ao mundo do comercio xusto e aos alimentos ecolóxicos. Prepararán unha receita con cacao e azucre para responder preguntas como: de onde veñen estes produtos?

O Showcooking ‘Cociñando con Comercio Xusto’ estará dirixido ao público adulto. A través dunha sesión dinamizada por unha gastrobloguer, elaborarase unha receita con produtos ecolóxicos e de comercio xusto na que se abordará o valor social, ambiental e culinario deste tipo de produtos e a súa importancia na procura de mellores condicións para as persoas produtoras.

Axenda de actividades:

COMBARRO – 24 e 26 de novembro
Feira “Comercio con Sentido”
24 de novembro
11.00 a 14.00 horas
Praza Rualeira
Todos os públicos

Obradoiro de showcooking “Cociñando con Comercio Xusto”
24 de novembro
12.30 horas
Escola do Campo
Todos os públicos
Inscrición previa no correo: comercioxusto@solidaridadgalicia.org

Obradoiro infantil “Coñecendo o Comercio Xusto a través da cociña”
26 de novembro
10.00 horas
CEIP Chancelas

NIGRÁN – 27 de novembro
Feira “Comercio con Sentido”
9.30 horas
CEIP Arquitecto Palacios

Obradoiro de showcooking “Cociñando con Comercio Xusto”
10.30 horas
CEE Panxón

Obradoiro infantil “Coñecendo o Comercio Xusto a través da cociña”
12.00 horas
CEIP Arquitecto Palacios

MARÍN – 27 e 28 de novembro
Obradoiro de showcooking “Cociñando con Comercio Xusto”
27 de novembro
19.00 horas
Ateneo Santa Cecilia de Marín. Rúa Do Forno, 42
Todos os públicos
Inscrición previa no correo: comercioxusto@solidaridadgalicia.org

Obradoiro xuvenil “Vaia tea”
28 de novembro
9.10 horas
IES Chan do Monte

Feira “Comercio con Sentido”
28 de novembro
10.00 horas
IES Chan do Monte

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: