Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) en Honduras

Organiza Enxeñería sen Fronteiras Límite inscrición 15/02/2024 Modalidade Presencial Ver programa

A ONGD Enxeñería sen Fronteiras ofrece 3 prazas para o seu Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR): unha experiencia inmersiva de Educación para a Cidadanía Global, coñecendo os proxectos que a organización apoia no Sur de Honduras.

O programa ofrece unha formación e integración previa, no mes de marzo, cunha estancia no verán de 2-3 meses nos que EsF-Galicia asume a viaxe, seguro e aloxamento das participantes. 

Toda a información está dispoñible aquí. O prazo de inscrición remata o día 15 de febreiro.