Activismos e participación social, con Haydée Castillo

Organiza O Globo Data inicio 18/10/2024 - Data fin 18/10/2024 Límite inscrición 18/10/2024 Modalidade Presencial Prezo É unha formación gratuíta

O venres 18 de outubro (18:00-20:00) a activista e defensora de dereitos humanos nicaraguana Haydée Castillo imparte unha formación orientada a coñecer o papel do activismo na sociedade e as ferramentas para acadar unha participación social efectiva.

Partindo da súa experiencia persoal, trasladará nocións básicas sobre estas temáticas e achegará ferramentas útiles para unha participación social comprometida, activa e efectiva. Facilitando unha reflexión  sobre os desafíos que enfrontan os movementos sociais na actualidade e a importancia de traballar de maneira colectiva e interseccional para garantir unha participación inclusiva e diversa.

A inscrición é de balde e está dispoñible en  i.gal/UDMzO