Firmamos o Marco de Relación co Goberno

Tras dez anos de diversas negociación e trala década perdida da cooperación, ábrese a porta a que ONG de Desenvolvemento e Goberno traballen dun xeito máis efectivo e acorde aos retos mundiais.

15 Marzo 2022 |

A firma do Marco de Relación supón un punto de inflexión na relación das ONGD e a Administración. Deixamos atrás a década perdida da cooperación; dez anos nos que esta política pública sufriu enormes recortes. Esta etapa fixo que as ONGD perderan dous terzos dos recursos públicos e as relacións co Goberno quedaron en punto morto. En todo este tempo, demandamos este paso que hoxe se deu. Unha demanda que non só é nosa, senón tamén das institucións internacionais como o Consello Europeo de Desenvolvemento o das propias recomendacións do CAD da OCDE e os exames de pares.

Finalmente, tras unha década na que as conversacións non sempre estiveron activas por parte do Goberno, esta mañá firmamos, xunto ao ministro José Manuel Albares, un documento que establece como será a nosa relación coa Administración; que rol debemos xogar como ONG de Desenvolvemento na defensa dos Dereitos Humanos e a protección do planeta; e que debe facer o Goberno para garantir unha cooperación realmente transformadora.

O papel destacado das ONG de Desenvolvemento na cooperación e a acción exterior, conta cunha base moi clara: a solidariedade cidadá cos problemas que afectan á humanidade. A cidadanía española sitúase tódolos anos á cabeza da solidariedade en Europa e ese compromiso é o que sustenta o traballo das ONGD e, debería tamén, sustentar a acción exterior do Goberno.

Nova etapa, novas oportunidades

A firma deste marco de relación abre unha nova etapa que compromete ao ministro que deberá establecer obxectivos concretos e ambiciosos, que deberán permear cada paso que se dea na reforma do sistema de cooperación.

É necesario un maior apoio ás nosas socias dos 116 países nos que traballamos. É necesario fortalecer a súa loita por sociedades máis xustas, igualitarias, inclusivas, sostibles e pacíficas.

Deben reforzarse as nosas redes e representacións en tódolos niveis. Contar cunha interlocución proactiva, estratéxica e efectiva.

É fundamental recoñecer os diversos roles que desempeñamos as ONG de Desenvolvemento en accións de cooperación e resposta humanitaria. Mais tamén en temas como a promoción da coherencia de políticas, o fortalecemento do espazo cívico e democrático, a defensa dos dereitos humanos, a promoción da cultura de paz ou o fomento da participación, a solidariedade e a cidadanía global.

É necesario mellorar os instrumentos, os canais de interlocución e participación. É urxente reducir a exasperante burocracia que fai que tanto as ONGD coma a Administración perdamos eficacia.

Lei e reforma do sistema de cooperación

Neste camiño, é importante destacar dúas cuestións esenciais: a nova Lei e a reforma do sistema de cooperación. Despois de 20 anos, a Lei de Cooperación está sendo revisada; o sistema no seu conxunto vive unha reforma integral. As oportunidades son indubidables. Os próximos meses serán cruciais para conseguir unha proposta capaz de responder aos múltiples e complexas crises que vivimos.

Solicitamos que a elaboración e a renovación do marco de relación estea incluído de xeito explícito na nova Lei de cooperación, nas reformas previstas do sistema de cooperación (nova Lei, nova AECID, cooperación financeira…) e noutros documentos orientados da Cooperación Española, como o VI Plan Director. Demandamos sinais claras que amosen o compromiso deste Goberno con todo iso. É necesario que antes de seis meses se convoque unha comisión de seguimento e se defina un plan de traballo. A Lei debe aprobarse no terceiro trimestre do ano. E para a reforma debe garantirse o consenso con tódolos partidos políticos. Non é algo imposible, xa se conseguir no 98. Ademais, este momento esixe asegurar colectivamente a capacidade transformadora da cooperación.

A presidenta de La Coordinadora, Irene Bello Quintana, recordou a Albares que contará coa nosa disposición para por en marcha todo este traballo; pero tamén coa nosa vixilancia para que cumpra con seus compromisos.

“Sr. Albares, tenemos una enorme oportunidad para estar en el lado adecuado de la historia. Está en nuestra mano contribuir a la defensa de los derechos humanos, la igualdad, la democracia, la paz. Está en nuestra mano cuidar el planeta y construir un mundo más amable y humano” – afirmou Irene Bello.

“Se lo debemos a la ciudadanía, a las víctimas del desorden global, a quienes nos precedieron construyendo la paz y defendiendo los derechos humanos. Se lo debemos a las generaciones futuras y a un planeta que nos acoge. Está en nuestra mano. No les podemos fallar” – concluíu.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: