Equipo Técnico
Estas son as persoas que forman o equipo técnico da Coordinadora:
Área de administración
Eva Tejo Pazos
administracion@galiciasolidaria.orgLicenciada en Administración e Dirección de Empresas, cun curso de experta en Responsabilidade Social Corporativa, dende o 2007 traballa en entidades do terceiro sector e da economía social. Forma parte da Coordinadora como técnica de administración, convencida de que unha xestión transparente e eficiente é a base do impacto real dos proxectos nas persoas. Porque no terceiro sector, cada número conta unha historia e cada proxecto é unha oportunidade para transformar vidas.
Área de xestión de proxectos
Sara García Mato
proxectos@galiciasolidaria.orgLicenciada en Ciencias Políticas e da Administración, antes de aterrar na Coordinadora traballou na universidade e nas ONGD, sempre no eido da cooperación ao desenvolvemento. Dende o ano 2014 é reponsable da área de incidencia política e xestión de proxectos. É tamén militante doutras causas políticas e sociais para acadar un mundo máis xusto.
Área de sensibilización e comunicación
Ruth Sousa Estévez
sensibilizacion@galiciasolidaria.orgXestora cultural e xornalista, traballou dende o colectivo BenCuriosa en diversos proxectos culturais e, anteriormente, en varios medios galegos. Chegou á Coordinadora en 2023 coa convicción de que cultura e a comunicación son ferramentas clave para calquera mellora social.
