Estrea da curtametraxe “Mar de fóra”

Lugar Casa das Campás (Pontevedra) Organiza AGARESO Data: 06/02/2025

O 6 de febreiro estréase na Casa das Campás de Pontevedra (20:00) “Mar de fóra”, unha curta documental que aborda a migración feminina a Canarias. Un proceso no que, por mor do xénero, as protagonistas sofren un dobre drama, xa que á migración se lle suman violacións, maltrato e mesmo escravitude, para acabar sofrindo prexuízos e vulnerabilidade unha vez chegan a España.

Esta curta é tamén o traballo dun grupo de alumnas e alumnos do Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social “Comunicar para o cambio”-2024. Podes saber máis clicando aquí.