8M: polos dereitos das mulleres

A pandemia está a impactar enormemente nas vidas das mulleres e este 8 de marzo volven as mobilizacións en todo o mundo para esixir dereitos . Dende a Coordinadora Galega de ONGD sumámonos ás reivindicacións e accións convocadas en Galicia.

25 Febreiro 2021 |

O colectivo Galegas8M, que dende 2018 coordina as mobilizacións do 8 de marzo,  non se detivo a pesar da situación sanitaria. “A mobilización social é unha tarefa esencial se queremos rematar coas desigualdades”, afirman. Este ano convocan folga laboral, de consumo, estudantil e de coidados. E distintas mobilizacións e concentracións locais en toda Galicia [consultar aquí>>>]

‘Sen coidados non hai vida’

“Se durante os anos 2018 e 2019 fixemos parte do Paro Internacional de Mulleres do 8 de marzo, impulsando unha folga feminista que baleirou miles de centros de traballo, de aulas e de fogares no noso país, desbordando rúas e prazas con milleiros de mulleres, demostrando que cando as mulleres paramos o mundo para; este ano 2021 marcado pola pandemia consideramos que é necesario voltar pór o foco de atención no eixo no que atopamos máis dificultades para levar a cabo a folga, pero máis afectado na situación actual: os coidados.

 

folga de mulleres 8 de marzo 2021

En contextos de crise como actual, as mulleres e as nenas sofren enormes consecuencias nas súas vidas: aumento das violencias físicas e sexuais; das dificultades para acceder a dereitos fundamentais (atención sanitaria, educativa…), pérdida dos traballos informais e aumento das cargas nos traballos non remunerado.

As economías do mundo e o mantemento das vidas diarias da poboación mundial baséase no traballo reprodutivo e de coidados que protagonizan as mulleres e as nenas, un traballo que medrou aínda máis dende o inicio da pandemia. No informe Os efectos do Covid-19 sobre as mulleres e as nenas de ONU Mulleres achéganse  datos ao respecto.

A irrupción da pandemia e a resposta que están a dar os gobernos á mesma tamén está a impactar enormemente sobre as vidas e o labor das activistas e defensoras de dereitos. “A pesar de que o coronavirus agravou a crise de dereitos humanos e a violencia estrutural que vive Mesoamérica desde hai siglos, os gobernos non consideran esencial o traballo das defensoras”, aseguran dende a Iniciativa Mesoamericana de Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras).

IM-Defensoras

Entre marzo e novembro de 2020, as alertas recibidas por IM-Defensoras incrementáronse un 123% respecto ao mesmo período do ano anterior segundo conclúe o informe La crisis ya estaba aquí. Datos preliminares del mapeo sobre el impacto de la crisis COVID en las mujeres defensoras de derechos humanos en Mesoamérica. Medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización. Dende marzo, 10 defensoras mesoamericanas foron asasinadas.

Pola súa banda, Front Line Defender informa do “forte aumento dos casos de violencia contra as defensoras e defensores dos dereitos das personas LGBTIQ+ e das trabajadoras sexuais durante a COVID-19”. No informe Defensoras e defensoras en risco durante a pandemia revelan un gran aumento dos ataques físicos, as agresións sexuais e o acoso por parte das forzas de seguridade contra as defensoras.

A defensa dos dereitos das mulleres

Como organizacións sociais que traballamos pola xustiza global, este ano 2021 unímonos de novo ás mobilizacións globais e aos movementos autónomos feministas de Galicia e do Estado español. Sumámonos pola defensa dos dereitos humanos en catro eixos fundamentais:

  • As violencias machistas e estruturais, unha forma brutal de dominación e opresión. Unha de cada tres mulleres ten sufrido violencia física, sexual ou psicolóxica.
  • O control da liberdade sexual e reprodutiva, instrumento do patriarcado para someter os corpos e as vidas das mulleres.Tres millóns de nenas son vítimas de ablación cada ano. 15 millóns de nenas son obrigadas a casar cada ano contra a súa vontade. O 71 % das vítimas de trata son mulleres e nenas.
  • A existencia de fronteiras interiores e exteriores cada vez máis excluíntes construídas a través do colonialismo, o racismo, a islamofobia, o capitalismo e o espolio dos pobos do Sur global. As mulleres migrantes e racializadas son relegadas a traballos de baixa cualificación independentemente da súa formación ou experiencia laboral.
  • A sustentabilidade da vida da economía da vida da economía feminista para defender vidas dignas, unha maior corresponsabilidade no coidado e unha relación sostible coa natureza. Defensoras de medio ambiente de todo o mundo están a poñer o corpo para defender o territorio e a vida; moitas delas sofren fustrigacións e mesmo son asasinadas.

O feminismo é esencial

A emerxencia social que vivimos fai máis necesario que nunca un enfoque feminista que dea resposta a todas as fracturas do sistema. Dende a Coordinadora de ONG para el Desarrollo explícanos desta forma:

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: