#Loitamostodas, dende o local, polas reivindicacións globais

Sabías que dende a túa provincia se está traballando na defensa da igualdade de xénero a nivel global? A Deputación de Pontevedra apostou neste 2022 pola defensa da autonomía económica, a prevención da violencia e a seguridade alimentaria en Bolivia, Honduras e El Salvador.

A axuda humanitaria debilítase cando máis se necesita

274 millóns de persoas sofren o impacto de crises humanitarias en 63 países, segundo o último informe da Axencia de Nacións Unidas para a Asistencia Humanitaria. Unha cifra que non inclúe á poboación ucraína e que, polo tanto, en realidade é moito máis elevada.