Sumámonos ás demandas urxentes de protección das defensoras de dereitos humanos

Organizacións e redes feministas e de defensoras de diferentes partes do mundo presentaron un conxunto de medidas urxentes dirixidas aos Estados, aos mecanismos internacionais de dereitos humanos e a doantes.

Fonte: IPPDH

O pasado 30 de marzo, no marco do Foro Generación Igualdad, organizacións e redes feministas e de defensoras de dereitos humanos de diferentes partes do mundo presentaron un conxunto de medidas urxentes dirixidas aos Estados, aos mecanismos internacionais de dereitos humanos e a doantes.

Estas demandas expresan as experiencias, saberes e necesidades de protección de defensoras de dereitos humanos en diferentes contextos. Sen unha contorna segura para que as mulleres poidan defender os dereitos humanos e sen estratexias de protección definidas polas propias defensoras non se poderán enfrontar os enormes desafíos do contexto actual.

Dende a Coordinadora Galega de ONGD sumámonos ás demandas das defensoras subscribindo o documento ‘Medidas imprescindibles para garantizar la protección y el liderazgo de las Defensoras de Derechos Humanos‘. Calquera organización pode facelo a través deste formulario>>>

As principais demandas das defensoras son:

  • Deter o asasinato a Defensoras
  • O recoñecemento das defensoras e un alto ás campañas de odio e estigmatización na súa contra
  • Liberdade para as defensoras presas políticas e deter a criminalización e a represión da protesta
  • Protección para as Defensoras que migran, solicitan asilo e son vítimas de desprazamento forzado
  • Que o poder corporativo deixe de desposuír ás comunidades, asasinar e agredir ás defensoras que defenden a xustiza ambiental, a terra e o territorio
  • Recursos abundantes, predicibles e flexibles para a protección integral das Defensoras

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: