Os resultados do encontro das Illas Encendidas

Do 19 ao 21 de outubro tivo lugar en Málaga o Encuentros de las Islas Encendidas, un espazo onde ONGD, colectivos, movementos sociais, asociacións e persoas diversas interesadas en conectar distintas loitas compartiron experiencias e debateron co obxectivo de construír, colectivamente, unha axenda de traballo conxunta.

O Encontro das Illas Encendidas enmarcouse en Quorum Global, unha iniciativa impulsada de colectivos e persoas moi diversas, de múltiples lugares e miradas, que queremos conectar as nosas loitas para o cambio social!

Neste enlace>>> atoparedes o resumo executivo do falado durante as tres xornadas. Neste outro>>>, algúns vídeos das ponencias, charlas e debates que se deron no encontro.