Colección de libros ‘Defensoras de dereitos’

Fonte: IPPDH

Defender os dereitos humanos como proxecto vital e político nunha das rexións máis perigosas do mundo para levalo a cabo. Este é o nexo en común das cinco  protagonistas da colección de libros ‘Defensoras de dereitos’.

As súas protagonistas son Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador),  Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala). Cinco activistas que forman parte das máis de 2.000 mulleres defensoras organizadas en Mesoamérica, a rexión  comprendida entre México e Costa Rica, arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras). 

A autora dos cinco títulos é a xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal e as ilustracións son obra de Marta Conde e RotmInas.

A colección foi impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social en colaboración con IM-Defensoras e contou co apoio da Deputación de Pontevedra no marco do proxecto ‘Defensoras de dereitos’. Os libros están dirixidos ao público xuvenil e ten un formato adaptado para que, desde os centros educativos e os espazos de educación non regrada como os centros socioculturais ou biblioteca, se reflexione e traballe colectivamente o seu contido. 

Libros en galego

portada miriam suazo e a digna rabia

Haydeé Castillo sementeira de paz narra a historia desta activista e defensora dos Dereitos Humanos de Nicaragua.

Na década dos 70, cando Haydée era unha adolescente, sumouse á loita contra a ditadura dos Somoza e desde entón o seu activismo feminista e en defensa dos dereitos das comunidades rurais e indíxenas non cesou. En 2018 saíu de Nicaragua rumbo aos Estados Unidos e converteuse en exiliada política.

Libro a partir de 12 anos.

portada miriam suazo e a digna rabia

Bea á procura da luz aborda a vida de Verónica Salazar, unha activista feminista e defensora de Dereitos Humanos do Salvador.

Cando era nova, e en pleno conflito armado, Verónica decidiuse unir á guerrilla e pasou a chamarse Bea. Fíxoo motivada polas situacións de inxustiza que observaba ao seu redor. Logo da guerra, comezou a traballar en procesos de recollida de información en casos de asasinatos machistas e hoxe forma parte de dúas organizacións feministas.

Libro a partir de 15 anos.

María Magdalena Cuc Choc (Guatemala) apoia ás mulleres supervivientes de violencia de xénero e tamén ás comunidades que sofren desaloxos violentos como consecuencia da usurpación de terras das empresas extractivistas e de monocultivo. 

Libro a partir de 14 anos.

Estela Ángeles Mondragón (México) é defensora dos dereitos territoriais. Desde hai máis de dúas décadas acompaña ao pobo rarámuri, unha comunidade indíxena do norte de México, na
recuperación de 44.000 hectáreas de terra e o recoñecemento dos seus dereitos. 

Libro a partir de 14 anos.

portada miriam suazo e a digna rabia

Miriam Suazo (Honduras) conta cunha traxectoria de 20 anos traballando polos dereitos humanos. Actualmente, faino desde o Centro de Estudios de la Mujer e a Red Nacional de Defensoras de Derechos Humanos de Honduras, coordinando xunto a outras organizacións e movementos sociais o fondo de emerxencia para a protección das persoas defensoras

Libro a partir de 12 anos.

Libros en castellano

Pincha nas portadas para acceder á versión en castelán.

Conversa entre as protagonistas e a autora dos libros

Haydée Castillo e Bea Salazar conversan con Lara Dopazo Ruibal.

Miriam Suazo, Estela Ángeles Mondragón e María Cuc Choc conversan con Lara Dopazo.

Defender a quen defende

A semente desta colección de libros é a campaña #Defensoras Semillas de Cambio, unha iniciativa que pon rostro e voz ás activistas mesoamericanas para reclamar aos Estados que adopten medidas urxentes para garantir a súa protección integral.

 

Segundo a organización Global Witness, desde 2015 unha media de catro persoas son asasinadas cada semana no mundo por alzar a voz contra as empresas que se apoderan dos territorios e causan danos ao medio. O último informe de Frontline Defenders, unha organización de apoio e protección ás activistas, revelou que o 28% das 331 persoas defensoras de dereitos humanos asasinadas no mundo en 2020 traballaban polos dereitos das mulleres. Segundo IM-Defensoras, desde a irrupción da pandemia medraron as detencións arbitrarias, as campañas de desprestixio, a represión e a criminalización contra as mulleres defensoras de dereitos. 

Ante este contexto de violencia e represión as ONGD galegas mantemos o noso compromiso de defender a quen defende tecendo unha rede global de apoio e denuncia da vulneración dos dereitos. 

Recursos para redes sociais e medios

Clips de audio das protagonistas

Imágenes para redes sociales

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: