Informe sobre como o Comercio Xusto está a combater a pobreza en Bangladesh

A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto publicou o informe O Comercio Xusto e a erradicación da pobreza. O caso de Bangladesh no que describe como o Comercio Xusto contribúe a reducir a pobreza e, por tanto, a avanzar cara ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable establecidos por Nacións Unidas.

Pablo Tosco (Oxfam Intermon)

Como exemplo diso, o estudo analiza os beneficios que o Comercio Xusto xera para as mulleres da organización artesá BASE, de Bangladesh, que se dedican á produción de cestas de yute, artigos de téxtil, decoración e calzado.

Os seus traballadores e traballadoras, organizados en 17 grupos de produción en distintas zonas do país, obteñen unha remuneración duns 10.000 takas (uns 4,40 dólares ao día), o que lles permite manter unha vida digna e que supón o dobre do salario mínimo legal no país, fixado en 5.000 takas (1,8 euros ao día). Ademais, BASE facilita aos traballadoras servizos básicos como saúde, educación ou créditos.

En Bangladesh -un país cun 40% da súa poboación na pobreza- pese ao aumento da exportación de téxtil (que supón o 80% das súas exportacións totais) a pobreza non se reduciu na mesma medida, entre outros factores, porque o crecemento fíxose en base a competir en baixos salarios e con escasas inspeccións laborais. En todo o mundo existen máis de 1.500 organizacións produtoras de Comercio Xusto, entre as que hai unha gran diversidade. Algunhas delas están dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade.

A pobreza global en cifras

A pobreza é unha realidade complexa, consecuencia de múltiples causas e que ofrece distintas caras. Unha das máis evidentes, a fame, creceu no últimos tres anos. Actualmente afecta a unha de cada nove persoas no mundo. Así mesmo, segundo Nacións Unidas, máis de 800 millóns de persoas viven con menos de 1,25 dólares ao día, moitas carecen de acceso a alimentos, auga potable ou saneamento adecuados.

Por outra banda, a pobreza extrema afecta ao 11% da poboación mundial. Outra das caras é a precariedade laboral. A OIT calcula que case un terzo da clase traballadora mundial vive na pobreza. Unha realidade que sofren de maneira especial ás mulleres. En todo o mundo, elas rexistran un Índice de Desenvolvemento Humano máis baixo que os homes. A brecha salarial de xénero en todo o mundo sitúase no 23%. Por último, o 74% das persoas que viven na pobreza sofren de forma directa os efectos da degradación da terra.

Fonte: Coordinadora Estatal de Comercio Xusto