Amplíase o prazo para presentarse ao II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

O Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global nace co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Fonte: IPPDH

A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da segunda edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

 

Que é a Educación para a Cidadanía Global?

Dende a Coordinadora Galega de ONGD, entendemos a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpCG) como un proceso socio-educativo orientado a xerar conciencias críticas. Isto pasa por promover que as persoas sexan responsables e activas na construción colectiva dunha sociedade solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza e das desigualdades e a favor da xustiza social global.

A ECG ten por obxectivo, pois, promover unha cidadanía que participe activamente na transformación da sociedade dende o ámbito persoal, comunitario e político.

 

Quen pode presentarse ao Premio?

Premiaranse experiencias educativas, proxectos e iniciativas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2020-2021 e/ou 2021-2022.

Poderán presentarse docentes ou equipos de docentes de centros de ensino e universidades galegas de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Educación. Así mesmo, poderán facelo os grupos gañadores da anterior edición deste premio, sempre que o fagan con proxectos diferentes ás xa presentadas.

 

Prazo e forma de presentación

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de novembro de 2022 ás 23:59 horas. A solicitude deberá presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org indicando en Asunto “Categoría A”, “Categoría B” ou “Categoría C”, segundo corresponda.

 

Bases do Premio

A continuación atoparedes as bases do premio e os anexos necesarios para presentar as candidaturas:

O anexo I poderá cubrirse no propio pdf editable ou imprimirse, cubrirse a man e escanearse. Nesta nova edición, a memoria descritiva da experiencia cumprimentarase nun formulario en liña, habilitado e dispoñible na plataforma web Mapa Cénit de Experiencias de Educación para a Cidadanía Global. Para facilitar o proceso, aportamos un vídeo-titorial cos pasos a seguir:

Para calquera dúbida ou información podedes contactar con nós no correo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: