Haydée Castillo Flores

Nicaragua

Activista feminista e defensora dos dereitos humanos

Óscar Dávila

Haydée Castillo é unha histórica activista e defensora dos dereitos humanos en Nicaragua. Na década dos 70, cando era adolescente, uniuse á guerrilla para loitar contra a ditadura de Somoza e desde entón o seu activismo feminista e en defensa dos dereitos das comunidades rurais e indíxenas non cesou. 

En 2018 comezou unha gran rebelión pacífica no país en contra de Daniel Ortega e das prácticas represivas do seu goberno que tivo como resposta centos de encarceramentos, torturas e asasinatos. Nese contexto, Haydée foi detida, encarcerada e liberada tres días despois gracias á presión internacional. A partir dese momento veu como se intensificaba aínda máis a persecución que sufría e decidiu exiliarse aos Estados Unidos para protexer a súa vida e a da súa familia. 

O Instituto de Liderazgo de Las Segovias, do cal Haydée é presidenta, foi ilegalizado polo goberno de Ortega acusado de financiamento terrorista, un tipo de agresión, o da difamación, que sofren moitas defensoras e que busca controlar ás organizacións que reclaman o final da represión. 

Aínda así, Haydée e as súas compañeiras seguen hoxe co  traballo de documentar a vulneración dos dereitos humanos e denunciar o expolio do territorio.

“Xuntas aprendemos a coidar todas as formas de vida e á terra que nos acolle”.

Haydée é presidenta do Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILS) que conta co apoio das ONGD Solidariedade Internacional Galicia, Solidariedade Galega e Sólida.

Desde a Coordinadora Galega de ONGD impulsamos a colección de libros ‘Defensoras de dereitos’ formada por 5 títulos protagonizado por cinco mulleres defensoras de dereitos. 

Haydeé Castillo sementeira de paz narra a historia desta activista e defensorade Nicaragua. 

A autora dos cinco títulos é a xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal e as ilustracións son obra de Marta Conde e RotmInas

O libro é de acceso libre e tamén se atopa traducido ao castelánbaixo o título Haydée Castillo semillero de paz. 

Libro a partir de 12 anos.