Creando alianzas antirracistas a través da sensibilización de profesionais do traballo de defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes
Organiza SOS Racismo Data inicio 03/05/2024 - Data fin 04/05/2024 Modalidade Presencial
Proposta formativa de balde ofrecida pola Federación de SOS Racismo chamada SensiSOS 2024:Creando alianzas antirracistas a través da sensibilización de profesionais do traballo de defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes.
A formación está dirixida a profesionais da intervención social, administración pública, activistas doutras organizacións, operadores xurídicos, policía (en toda a súa extensión) e academia (profesorado, investigadores e futuros profesionais).
Divídese en dúas sesión, o venres 3 de maio en horario de tarde (de 17:00 a 21:00h), e o sábado 4 pola mañá (de 10:00 a 14:00h). Impartirase na aula de usos múltiples do Centro Cívico da CIdade Vella (Rúa Veeduría 2. 15001- A CORUÑA). As persoas asistentes recibiran ao final da formación un certificado de asistencia.
As inscricións pódense facer neste enlace ata o 30 de abril >>>> FORMULARIO <<<< ou escribindo a gabriela.frias@sosracismo.eu.