Cinco anos despois: abonda xa de mordazas!

Manifesto cinco anos de mordaza. Por unha nova lexilación que garanta os dereitos humanos

En 2020, en medio dunha crise sanitaria marcada pola pandemia do coronavirus, e desde que se decretou en marzo o estado de alarma, impuxéronse máis dun millón de propostas de sanción en aplicación da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida como Lei Mordaza.

Neste contexto as forzas e corpos de seguridade do estado poderían interpoñer de maneira arbitraria sancións contra persoas sen observar os criterios de necesidade e proporcionalidade que indican os estándares internacionais, e isto baixo a aplicación desta Lei.

Tras 5 anos desde a súa entrada en vigor, os dereitos de liberdade de expresión, reunión pacífica, información e manifestación sufriron un claro retroceso.

O próximo 1 de xullo será o 5º aniversario da Lei Mordaza. Desde Amnistía Internacional, Non Somos Delito, Defender a Quien Defende, a Plataforma en Defensa de la Libertad de Información, a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento de España (da cal a Coordinadora Galega de ONGD é socia) e Greenpeace impulsamos este manifesto para que o maior número de organizacións e colectivos esixamos dunha vez por todas a modificación urxente da Lei de Seguridade Cidadá.

Súmate ao manifesto aquí>>> Xa hai máis de 230 organizacións adheridas! 

Os últimos 5 anos, lembramos a necesidade urxente de reformar a Lei Mordaza para conseguir unha nova lexislación en liña cos estándares internacionais de dereitos humanos.  Os últimos anos reclamamos a necesidade de que o goberno cumpra o que tantas veces prometeu facer.

Será coa presión cidadá, de organizacións e colectivos, como conseguiremos que dunha vez por todas este quinto aniversario da Lei Mordaza sexa de verdade o último.

Adhire a organización ou colectivo no que participas ao Manifesto e o próximo 1 de xullo, mobilízate!

Abonda xa de mordazas!

Fonte: Coordinadora de ONGD – España