Bea Salazar: “Construir en conjunto es lo que nos hace fuertes”

O 20 de decembro tivo lugar, no marco do proxecto "Defensoras de dereitos" unha conversa sobre dereitos sexuais e reprodutivos con dúas mulleres activistas: Bea Salazar (El Salvador) e Syra Taveras (República Dominicana). A charla online estivo moderada pola politóloga especializada en xénero Priscila Retamozo.

Ilustración: Francis Poyatos

21 Decembro 2022 |

Bea Salazar e Syra Taveras son dúas activistas que loitan xunto aos movementos feministas do Salvador e República Dominicana (respectivamente) por garantir os dereitos de mulleres, nenas e adolescentes. O 20 de decembro participaron nunha conversa online, celebrada no marco do proxecto “Defensoras de dereitos” levado a cabo co apoio da Deputación de Pontevedra, na que dar a coñecer a situación destes países en relación aos dereitos sexuais e reprodutivos, os pasos cara adiante, o aprendido e o que queda por loitar. Un espazo onde mulleres activistas referentes na defensa feminista nos seus países seguen tecendo rede e sumando esforzos cara un obxectivo que é común a todas: a igualdade de xénero.

 

A conversa comezou coa introdución de Gema Filgueira, vicepresidenta da Coordinadora, que puxo en valor o importante papel das mulleres no traballo da cooperación galegaPriscila Retamozo, politóloga especializa en xénero e presentadora e directora de contidos do podcast Histérikas Históricas, foi a encargada de conducir a conversa, poñendo sobre a mesa temas como a penalización do aborto, os embarazos adolescentes ou a situación que afrontan as activistas e defensoras de dereitos en países como O Salvador.

 

Con quen falamos?

Syra Taveras  é directora executiva do  Centro de Investigación para la Acción Femenina (CIPAF) en República Dominicana, unha entidade que leva a antorcha da loita polos dereitos da muller no país. É un centro onde converxe o traballo de investigación-acción co compromiso feminista. O CIPAF desenvolve unha serie de procesos educativos e de eventos de formación e capacitación que teñen como obxectivo impulsar a participación das mulleres en tódolos espzos da vida pública.

Bea Salazar  é activista e defensora de dereitos salvadoreña e traballa para organizacións feministas como a Concertación de Mujeres de Suchitoto e La Colectiva Feminista, ambas integradas na Iniciativa Mesoamericana de Defensoras de Derechos Humanos. Participa en procesos de recollida de información en casos de asasinatos machistas e violencia contra as mulleres e tamén traballa na defensa do dereito ao aborto.

A continuación, o encontro online que tivo lugar o 20 de decembro de 2022:

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: