Guía de estilo sobre aporofobia e discursos do odio: comunicar sen discriminar

O documento trata de facilitar que os procesos informativos e divulgativos incorporen linguaxes, visións, contextos, perspectivas e narrativas non discriminatorias que rompan coas visións sesgadas e/ou estereotipadas da pobreza e a exclusión social

Publicación de información falsa sen contrastar, uso de imaxes estereotipadas, anuncios publicitarios sexistas, permisividade cos discursos xenófobos ou racistas, utilización de linguaxe discriminatoria, imaxes victimizadoras da realidade e a diversidade social, tratamento superficial da noticia sen chegar á raíz do problema que a xera… quen non identificou algunha destas prácticas nos medios de comunicación?

Para reverter as malas praxes, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-É) acaba de editar a Guía de Estilo sobre Aporofobia e Discursos do Odio: Comunicar sen discriminar, que ten como finalidade servir de documento de base para a comunicación inclusiva.

Guía estilo aporofobia EAPN

Esta Guía trata de facilitar que os procesos informativos e divulgativos incorporen linguaxes, visións, contextos, perspectivas e narrativas non discriminatorias que rompan coas visións sesgadas e/ou estereotipadas da pobreza e a exclusión social.

Ofrece recomendacións fáciles para mellorar a linguaxe e enfoques informativos que requiren un compromiso ético, unha reciclaxe continua e unha maior profesionalidade por parte de xornalistas e medios de comunicación, así como de calquera profesional da comunicación, dentro e fóra do ámbito das ONG, co fin de abordar a realidade da pobreza e a exclusión social desde un enfoque respectuoso coa dignidade das persoas.

Entre outros apartados de interese, a Guía ofrece claves para recoñecer o discurso e os delitos de odio, e publica un código de conduta para a comunicación da pobreza e a exclusión social.

Para máis información>>>