A saúde comunitaria no marco da Axenda 2030

Lugar Escola Galega de Administración Pública Organiza Farmamundi Data inicio: 16/11/2023Data fin: 23/11/2023

Xornadas “A saúde comunitaria no marco da Axenda 2030” que se
celebrarán os xoves 16 e 23 de novembro de 17 a 20h na Escola Galega
de Administración Pública (Santiago de Compostela).

Trátase dunha formación teórico-práctica orientada a reflexionar sobre
realidades e alternativas a prol da saúde comunitaria e global, desde
un enfoque de saúde integral e baseado nos Dereitos Humanos (en
adxunto o programa). Ademais poñeranse a disposición materiais
complementarios a través da aula virtual de Farmamundi.

Está destinada a profesionais e estudantes de ámbitos social e
sanitario e a axentes e persoas interesadas en contribuír á saúde
comunitaria e/ou ao cumprimento dos ODS.

Preme neste enlace para inscribirte, até cubrirse as 35 prazas
ofertadas.

Esta actividade enmárcase no proxecto “Activando saúde: mapeando e
dinamizando recursos locais para o cumprimento dos ODS e a Axenda
2030′, apoiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e
orientado a promover a saúde comunitaria e (pro)positiva, a través de
accións locais que contribúan ás metas globais dos ODS. Máis info na
web do proxecto: INICIO – Activando los ODS (saludglocal.org)