A Red de Coordinadoras Autonómicas esixe medidas para protexer ás poboacións máis vulnerables

As 17 Coordinadoras autonómicas que forman parte da Red enviaron un documento ás administracións onde se recollen propostas para saír da crises xerada pola COVID-19

Fonte: IPPDH

A Red de Coordinadora Autonómicas da cal a Coordinadora Galega de ONGD forma parte teno claro: o impacto da COVID-19 deixou expostos os fallos do sistema. Avanzar cara a un verdadeiro sistema de benestar e prover de servizos públicos que garantan os dereitos económicos e sociais demostrouse imprescindible. Tamén a necesidade de promover un cambio profundo do noso sistema económico e social para reducir o impacto da desigualdade.

Do mesmo xeito, e dada a nova situación global á que nos enfrontamos, quedou demostrado que a única maneira de superar esta crise é facelo de maneira conxunta e prestando apoio tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

O documento enviado ás administracións públicas correspondentes recolle propostas que son o punto de partida para a adaptación do sistema de cooperación descentralizada para enfrontarnos á nova realidade.

No curto prazo será necesario, en primeiro lugar, atender ás persoas máis vulnerables: reforzando a sanidade pública, garantindo ingresos mínimos a todas as persoas, reforzando os dereitos laborais, recoñecendo os coidados, garantindo o dereito á vivenda e tamén a unha vida libre de violencias para as mulleres e o pleno exercicio de dereitos ás persoas migrantes. As iniciativas de educación para a cidadanía global para loitar contra os discursos de odio tamén necesitarán máis presenza nestes momentos. Despois, no medio e longo prazo debemos emprender cambios profundos. As reformas cara a unha fiscalidade xusta serán claves para camiñar cara a un novo modelo económico e social que garanta a sustentabilidade e os dereitos sociais.

Estas medidas para a protección da poboación en situación de vulnerabilidade e para garantir a sustentabilidade dos proxectos, tanto de cooperación para o desenvolvemento como de educación para a transformación, son urxentes e necesarias. Esta é unha crise mundial que só poderemos enfrontar cunha visión e articulación global. Só seremos capaces de frear a pandemia se somos de tamén capaces de parala no resto do mundo, especialmente onde viven as persoas en situación de maior vulnerabilidade.

A capacidade de adaptación é un valioso instrumento que estamos a exercitar en todos os sectores da sociedade. As entidades sociais e a administración pública deben ser un exemplo desta flexibilidade e prestarse apoio nas tarefas que asumen de maneira conxunta. A comunicación, o consenso, a adecuación ás novas circunstancias e o soporte mutuo deben tomar protagonismo nos procesos de traballo implementados. No camiño cara a esta transformación social, a cooperación ao desenvolvemento é unha política social imprescindible.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: