Pararemos a pandemia se somos capaces de contela en todo o mundo

Para non deixar ninguén atrás os gobernos deben fortalecer as súas políticas públicas, entre as cales a de cooperación internacional ao desenvolvemento. A saúde será global, ou non será

Fonte: IPPDH

As ONG de Desenvolvemento galegas traballamos en países de América Latina, África e Asia. Nestes territorios, a pandemia do COVID-19 aínda non ten un alto impacto pero se prevé que nas vindeiras semanas e meses poida chegar a ser grave. Os contextos nestes tres continentes son moi diversos pero teñen características comúns. Os fráxiles sistemas de saúde; os serios problemas sanitarios que afrontan; as precarias condicións de vida dunha importante parte da poboación e os escasos recursos económicos dos Estados auguran o colapso dos servizos de atención que, maioritariamente, sufrirán as persoas e colectivos de maior risco.

O impacto da pandemia do COVID-19 e a crise económica asociada terá graves consecuencias sobre as persoas en situación de maior vulnerabilidade, tanto en Galicia, no Estado español como no resto do planeta. Esta pandemia está a por de manifesto, unha vez máis, as desigualdades estruturais (económicas, sociais, de xénero, etc.) que existen dentro dos países e entre eles, así como os desequilibrios ambientais que están na base da súa xestación.

Nos países empobrecidos, o impacto do COVID-19 pode chegar a ser catastrófico e para iso é fundamental afrontar a pandemia globalmente: transcender as fronteiras para facer fronte aos grandes desafíos. Para non deixar ninguén atrás os gobernos deben fortalezan as súas políticas públicas, entre as cales a de cooperación internacional ao desenvolvemento. Porque a saúde será global, ou non será.

#SaímosTodasXuntas

O Estado español é o sexto máis desigual de Europa, cun 26,1% de persoas en risco de pobreza e exclusión, e onde hai décadas que se “goberna para as grandes empresas e os ricos” segundo o Relator Especial de Nacións Unidas de extrema pobreza e dereitos humanos, Philip Alston. Con servizos públicos debilitados e un Estado do Benestar deteriorado, as consecuencias do COVID-19 serán devastadoras se no se toman as medidas necesarias.

Neste sentido, sumámonos a #SaímosTodasXuntas, as propostas de Futuro en Común, unha iniciativa da cal formamos parte, para que no Estado español as medidas de excepcionalidade durante a xestión da crise se centren nos sectores de poboación en situación de maior vulnerabilidade, fortalecendo o Estado de Bienestar e a provisión de servizos públicos como garantía dos dereitos humanos. Podedes ver todas as propostas neste enlace>>>.

Como indican dende Futuro en Común, a reconstrución  á crise posterior non pode seguir as receitas de 2008 e debe aproveitar o novo ciclo de planificación e inversión para encarar os cambios profundos que o mundo precisa. Esta crise global pon en evidencia a necesidade dun cambio de modelo produtivo e de sociedade, e a Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ten unha folla de ruta neste sentido.

Urxe frear o autoritarismo e defender a vida

Dende a Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras) fixeron público un comunicado no que amosaron súa preocupación ante a posibilidade de que os gobernos aproveiten esta crise para afondar e normalizar ante a opinión pública as súas políticas de control social, represión e persecución contra activistas e persoas defensoras dos dereitos humanos, como declarou recentemente o grupo Relatores e Relatoras independentes de Nacións Unidas.

A persecución contra organizacións e persoas defensoras de dereitos humanos aumentou de forma exponencial en todo o mundo. En 2019, 309 personas defensoras de 31 países foron asasinadas polo traballo de incidencia e denuncia que levaban a cabo en organizacións e movementos sociais. Colombia é o país que encabeza este terrible ránquing con máis de 100 asasinatos o ano pasado, segundo os datos recompilados pola organización Front Line Defenders.

Segundo IM-Defensoras, “a aplicación dos plans de emerxencia do COVID-19 afecta profundamente o trabajo das defensoras. Limita o seu dereito a manifestación e expresión e o libre desenvolvemento das súas actividades, aumenta o risco de ser atacadas e criminalizadas por actores estatais (ata o 20 de marzo tiñan rexistrado agresións contra defensoras en Honduras, El Salvador e Guatemala no marco desta crisis) e de sufrir violencias machistas dentro dos seus fogares”.  O 23 de marzo, no Valle do Cauca de Colombia foron asasinados dous líderes indíxenas mentres permanecían no seu fogar como parte da cuarentena decretada polo goberno.

Que están a facer as ONGD

As ONGD de todo o Estado están traballando de xeito colectivo para dar resposta a unha emerxencia transfronteriza. A Coordinadora de ONGD – España recolle neste post>>> as distintas iniciativas. E fai un chamamento para seguir as recomendacións das autoridades, fortalecer os lazos de coidados, protexer ás persoas máis vulnerables, defender os sistemas públicos de saúde e fortalecer a solidaridade.

Dende a Coordinadora Galega de ONGD estamos en permanente contacto coa Xunta de Galicia,  as ONGD socias e as distintas redes de traballo das que formamos parte para atender a todas as demandas e atopar solucións conxuntas antes as dificultades que se está a ter ante a actual crise para desenvolver o traballo de cooperación internacional ao desenvolvemento noutros países e garantir así a mellora das condicións de vidas de miles de persoas en todo o mundo.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: