O DOG publica este 10 de maio a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior.

Poden optar a estas subvención as ONGD que posúan entre os seus fins a acción humanitaria ou conten con experiencia no desempeño de actuacións neste ámbito. Cada entidade pode presentar un proxecto individual. As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A información ampliada está dispoñible na web de Cooperación Galega, á que podes acceder dende aquí.