Somos Ponte busca a conexión entre Pontevedra e o Sur Global a través da xestión comunitaria da auga

A defensora de dereitos Juventina López e comunidades de augas da provincia protagonizan esta xornada na que veremos a auga como dereito, pero tamén como cohesionador social e valor cultural.

Fonte: IPPDH

07 Novembro 2025 |

“Compartimos la visión de que es la gente, son las comunidades, las que van a cambiar sus realidades”. Esta frase é só unha ínfima parte do relato que ofrece “Abuela Agua”, o documental que recolle o proceso recentemente abordado en Guatemala polas comunidades de Huehuetenango e Retalhuléula -co apoio da ONGD Arquitectura sen Fronteiras- para abordar a complexa situación de suministro e calidade da auga que condiciona a vida persoas.

Pero podería ser tamén algo falado no Tomiño dos anos 70, cando a veciñanza decidiu abordar de xeito colectivo e autoxestionado as obras -a pico e pala- para a canalización da auga dos montes ás casas. Un proceso de esforzo e solidariedade colectivo que sería tamén o xérmolo dun forte tecido asociativo na provincia vinculado á xestión comunitaria da auga.

Os contextos, tempos e condicións daquel Tomiño e das comunidades de pobos orixinarios hoxe en día en Guatemala son distintos, pero as necesidades e as vivencias son moi semellantes. E diso falaremos na xornada “Coidar da auga, facer comunidade”, que se celebrará o 27 de novembro (16:30, Salón de Plenos do Pazo Provincial en Pontevedra) no marco da terceira edición de Somos Ponte.

O dereito á auga das comunidades indíxenas

“Decimos la Abuela Agua y hay un respeto: no se puede coger el agua y tirarla sin más“, explica  Juventina López, lideresa Maia Mam e coordinadora da asociación ASIAPRODI no documental que protagoniza xunto con outros membros da súa e doutras comunidades de Guatemala.

A falta de auga de calidade impacta de xeito especial nas comunidades de pobos orixinarios do país, que a miúdo só poden acceden a terras previamente esquilmadas por unha sobreexplotación agrícola que afecta tamén aos acuíferos e ríos dos que se suministran para a súa vida cotiá.

Somos Ponte acollerá a estrea en Galicia deste documental, acompañado por un coloquio con Juventina López, que se encontra estos días en Galicia xunto con outras dúas defensoras de dereitos no marco do programa Galicia Abriga.

O poder transformador do colectivo

Tralo documental e a charla con Juventina poderemos coñecer experiencias inspiradoras na provincia de Pontevedra, como a das traídas veciñais de Tomiño, exemplo de autoxestión e sostibilidade hídrica. 

Son, a día de hoxe, 36 as traídas veciñais que garanten un suminstro de auga de calidade en todo o municipio, pero a súa orixe está décadas atrás, nun momento de poucos recursos económicos e tecnolóxicos que se supliron con organización colectiva e cooperación. Veremos, a partir desta experiencia, como o coidado da auga serve de cohesionador social e mesmo poderemos achegarnos a este sistema de xestión colectiva dende unha perspectiva cultural.

Pero, ademais, teremos ocasión de descubrir como esta conexión vai máis alá do vivencial e do empático, materializándose en proxectos concretos, neste caso a través da colaboración entre COXAPO, a asociación de traídas de auga no rural, e a ONGD Enxeñería sen Fronteiras.

Unha colaboración entre Honduras e Pontevedra a través dun traballo conxunto para fortalecer as comunidades de usuarios de auga e promover a autoxestión e a sustentabilidade como garantes do dereito a unha auga potable de calidade.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: