O peche da USAID (Axencia de Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional) anunciado por Musk chegou unha semana depois de que Trump conxelara toda axuda internacional. As consecuencias desta decisión poden ser nefastas para millóns de persoas en situacións moi extremas; especialmente as que están nunha situación de maior vulnerabilidade e discriminación, como pobos indíxenas, infancia, mulleres ou poboación anciá.
A complexidade do contexto internacional exixe medidas que vaian en dirección totalmente contraria: vivimos o maior número de conflitos trala II Guerra Mundial, máis de 120 millóns de persoas foron obrigadas a deixar os seus fogares, as desigualdades aumentan e as crises climáticas e humanitarias multiplícanse.
Os problemas que ameazan a vida son globais e, por tanto, exixen respostas baseadas na cooperación.
O peche da USAID incumple os acordos internacionais
Esta decisión, ademais, incumpre de maneira clara os acordos internacionais acadados no seo de Nacións Unidas.
Ditos acordos implican que os países máis ricos comprométense a adicar unha porcentaxe moi pequena da súa riqueza á cooperación internacional (0’7% da súa Renta Nacional Bruta). Estados Unidos non chega nin á metade desa porcentaxe. Segundo a OCDE, a súa adicación acada o 0,24%.
Acabar deste xeito co apoio internacional para o desenvolvemento e a axuda humanitaria contrasta coa presión para aumentar os gastos militares a nivel global, confundindo a seguridade militar coa seguridade humana que debe asentarse en políticas e recursos que garantan unha vida digna respectando os límites do planeta e en paz.
O reforzo á cooperación, máis necesario que nunca
A ameaza do peche da USAID dase nun contexto internacional no que se recortan as políticas que defenden os dereitos humanos e no que se persegue e criminaliza ás organizacións sociais que exixen a súa garantía.
Medidas deste tipo atentan contra a calidade democrática de todo o planeta, nun momento no que esta atópase debilitada dun modo preocupante: os últimos datos de Civicus denuncian que só un 3% da poboación vive en contextos plenamente democráticos.