A activista feminista e defensora dos dereitos humanos Haydée Castillo vén de recibir o “Premio pola Paz 2023”, outorgado pola Asociación de Nacións Unidas de España, co apoio da Deputación de Barcelona.
Haydée Castillo é unha histórica activista e defensora dos dereitos humanos de Nicaragua. Dende 2018 exiliada política en Estados Unidos e dende o 15 de febreiro deste ano 2023, despoxada da súa nacionalidade polo goberno de Daniel Ortega, quen tamén confiscou os seus bens.
A pesar diso, a súa loita continúa dende a diáspora, onde segue a documentar a vulneración dos dereitos humanos en Nicaragua e a denunciar o espolio do territorio.
Hoy, 24 de Octubre, el día de las Naciones Unidas, nos complace anunciar el ganador del Premio por la Paz del 2023 de @ANUE_ONU con el apoyo de la @DIBA
— ANUE Naciones Unidas (@ANUE_ONU) October 24, 2023
????️Otorgamos el premio por la Paz a @HaydeeCastilloF por su lucha incansable por los Derechos Humanos en Nicaragua. pic.twitter.com/JmxbqGYDTS
Haydée Castillo e a Cooperación Galega
Castillo foi presidenta do Instituto de Liderazgo de Las Segovias (ILS), entidade que traballou durante anos como contraparte das organizacións Solidariedade Internacional Galicia, Solidariedade Galega e Sólida.
En 2018 o ILS foi ilegalizado polo goberno de Ortega acusado de financiamento terrorista, un tipo de agresión, o da difamación, que sofren moitas defensoras e que busca controlar ás organizacións que reclaman o final da represión.
De oficio, defensoras
Haydée Castillo foi tamén unha das protagonistas da colección de libros publicada pola Coordinadora Galega de ONGDs co financiamento da Deputación de Pontevedra “Defensoras de dereitos”.
A través de “Haydeé Castillo, sementeira de paz” podes coñecer a historia vital desta loitadora e defensora dos dereitos humanos que segue a ser un referente para todas nós.
