Estratexias Educativas e Metodoloxías para Abordar a Crise Ecosocial
Organiza InteRed Data inicio 02/12/2024 - Data fin 22/01/2025 Límite inscrición 02/12/2024 Modalidade En liña Ver programa
A ONGD InteRed ofrece este curso en liña, de ámbito estatal, que forma parte do proxecto “Construíndo comunidades coeducativas activas pola igualdade e a sustentabilidade”, financiado pola AECID.
A formación, de 40 horas, ofrece ferramentas para abordar a crise ecosocial dende a educación, propostas metodolóxicas aliñadas coa Axenda 2030 e inspiración para actuar de maneira crítica e colectiva fronte a un sistema en crise.
A inscrición está aberta ata o 2 de decembro, a través dun formulario dispoñible clicando aquí.