Por medio desta bolsa o estudantado de grao ou mestrado oficial da Universidade de Vigo poderá realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun país dos sinalados na convocatoria. O traballo que desenvolva será validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia.
O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, co fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.