Defender a quen defende; acompañar a quen denuncia

Fonte: IPPDH

8 de setembro, día das persoas cooperantes

A crise ecolóxica está a por en risco a vida de millóns de persoas e a do planeta. Neste contexto, o traballo que realizan as ONG pola defensa dos dereitos humanos, a protección do medios e a aprobación de leis para frear esta deriva é determinante. 

Pablo Tosco, Oxfam intermon

 

Contexto

  • 258 millóns de persoas víronse forzadas a migrar por razóns ambientais, segundo datos da UE.
  • O cambio climático está directamente relacionado cos modelos globais de produción e consumo.O control legal das actuacións das grandes corporacións internacionais é urxente.
  • En 2018, 321 activistas e defensoras de dereitos foron asasinadas (3 de cada 4 eran activistas ambientais) e moitas outras tiveron que fuxir dos seus países para sobrevivir. Filipinas, Colombia, India e Brasil son os países con maior número de asasinatos.
  • O apoio que as persoas cooperantes ofrecen a quen defende é crucial para conter os asasinatos e denunciar internacionalmente a violación de dereitos humanos.
  • A Cume Climático que se celebra o 23 de setembro en Nova York será unha oportunidade para que os gobernos tomen medidas firmes respecto diso. Catro días despois, o 27 de setembro, a cidadanía mundial secundará a folga polo clima.

Datos sobre cooperantes

  • As ONGD do Estado, entre as cales as organizacións galegas, contan con 600 persoas cooperantes que traballan en máis de 100 países xunto a máis de 4.000 traballadoras e traballadores locais.
  • O labor das persoas cooperantes en todo o mundo consiste en acompañar procesos protagonizados por persoas que sofren as consecuencias directas dun sistema internacional que atenta contra o planeta e os dereitos humanos.
  • Prevese que en 2050 uns 200 millóns de persoas terán que abandonar os seus fogares por razóns climáticas. A pesar da gravidade da situación, o concepto de “refuxiad@ climátic@” non está contemplado en ningunha lexislación internacional.

O cambio climático está a agravar situacións difíciles como as que se viven en Centroamérica ou o Sahel. O impacto da falta de choivas ou as choivas torrenciais está a provocar o desprazamento masivo de persoas e mesmo o agravamento de conflitos sociais. Nestes casos, o papel da cooperación é determinante para mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas.

O compromiso dos Estados coa Axenda 2030 debe concretarse en medidas reais que freen esta deriva. Por todo iso, esiximos:

  • Cumprimento urxente das leis internacionais sobre cambio climático, especialmente o Acordo de París.
  • Recoñecemento internacional das persoas refuxiadas climáticas.
  • Revisión e modificación dos acordos comerciais internacionais que atenten contra o medio, como é o acordo entre a UE e Mercosur.
  • Aprobación dun tratado vinculante que obrigue ás empresas a garantir os dereitos humanos e a respectar o planeta.
  • En relación á cooperación, é necesario avanzar cara á unha política que responda en formas e fondos aos complexos retos do século XXI. En moitos casos, a solidariedade é clave para garantir a mellora das condicións de vida das poboacións.

Un traballo colectivo por un planeta común

O próximo 27 de setembro, millóns de persoas en todo o mundo iremos á folga polo clima. Será a primeira vez na historia que a cidadanía global parará pola defensa da planeta. Lembraremos a representantes dos gobernos que non hai tempo, que o cambio debe darse agora, que o noso planeta non pode esperar e os millóns de persoas que sofren directamente o cambio climático tampouco.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: