Comunicado ante a escalada de violencia en Palestina e Israel

A axuda humanitaria debe ser garantida, especialmente á poboación que sofre unha crise crónica persistente que derivou nunha situación extrema de vulnerabilidade. A protección da poboación civil debe ser asegurada en todo momento.

Fonte: IPPDH

Xa son centenares as vítimas civís en Palestina e Israel e o número de persoas mortas e feridas ascende rapidamente. O cese da violencia debe producirse de maneira inmediata para evitar un impacto aínda maior en civís inocentes, incluídas as nenas e nenos. É urxente pór freo aos ataques, non facelo só conducirá a un maior derramamento de sangue e máis sufrimento.

O secretario xeral de Nacións Unidas, António Guterres, recordou que “a violencia non pode aportar unha solución ao conflito e que só mediante a negociación que conduza a unha solución de dous Estados poderá acadarse a paz”.

Recoñecemento do Estado de Palestina

Esta escalada militar demostra o fracaso dos líderes políticos e a comunidade internacional á hora de abordar o conflito. A Coordinadora Galega de ONGDs para o Desenvolvemento, como parte da Coordinadora Estatal de Organizaciones para el Desarrollo, sumouse o pasado 20 de setembro, xunto con outras organizacións ao manifesto polo recoñecemento do Estado Palestino e o cese da ocupación, para pór fin á violencia e avanzar cara á construción de solucións duradeiras e xustas, en liña co dereito internacional e as resolucións de Nacións Unidas.

Chamamento á comunidade internacional

Facemos un chamamento á comunidade internacional para garantir que se leve a cabo un proceso político máis amplo que logre pór fin á ocupación e bloqueo de Gaza. Un proceso que aborde as cuestións relativas ao estatus final, que inclúen o estatus de Xerusalén, os asentamentos israelís, as fronteiras, a seguridade e os dereitos de auga, así como a liberdade de movemento da poboación palestina e o dereito ao retorno das persoas na diáspora.

As nosas organizacións na zona xa están avaliando a situación e poñendo en marcha os mecanismos necesarios para garantir a atención ás vítimas. Todo iso da man das organizacións sociais locais con quen traballamos dende hai décadas.

Por todo isto esiximos:

  • Acción humanitaria urxente, incluíndo o establecemento de corredores humanitarios para o movemento de persoas e a entrega de materiais de primeira necesidade.
  • Cese inmediato del ataque a instalacións civís.
  • Creación dunha mesa de negociacións conforme aos principios do dereito internacional que garanta un alto o fogo inmediato e que poña fin ao bloqueo sobre la Franxa de Gaza, en vigor durante os últimos 15anos.
  • Promoción de solucións que aborden as causas fundamentais do conflito.

Por último, facemos unha chamada á cidadanía e organizacións de cooperación para participar activamente nas mobilizacións sociais que se están convocando en diferentes cidades e vilas contra a guerra de Israel en Gaza en defensa do diálogo para o cese da violencia.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: