Unha proposta para unha PNL que contribúa a un alto o fogo permanente en Gaza

A proposta está respaldada por diversas organización e plataformas que traballan na zona na defensa dos dereitos humanos e a axuda humanitaria.

Fonte: IPPDH

12 Febreiro 2024 |

Cúmprense catro meses dende que comezou a escalada de violencia sobre Gaza. Neste tempo, preto de 30.000 personas foron asasinadas e os dous millóns  que sobreviven na Franxa están literalmente pechadas, sen posibilidade de fuxir mentres son bombardeadas de maneira constante.

Esta situación non ten precedentes: o 90 % da población palestina na Franxa de Gaza está en situación de fame aguda, con máis de 375.000 personas ás portas da inanición. Falamos dunha gravísima crise humanitaria y de dereitos humanos que alcanza xa a Cisxordania e que ten repercusión na región.

O papel da comunidade internacional e de España

Ante o fallo da Corte Internacional de Xustiza agárdase que a comunidade internacional desempeñe un papel fundamental para garantir a implementación destas ordes. Sen esquecer a necesidade de que España finalice, de manera permanente, o su comercio militar con Israel

E, por susposto, sen esquecer tamén a urxencia dun diálogo serio e constructivo entre Israel e Palestina orientado a atopar unha solución xusta e estable a este conflito, segundo as resolucións aprobadas por Nacións Unidas. 

Unha PNL con cinco demandas

Por todo isto, diversas ONG e plataformas que traballan na zona en defensa dos dereitos humanos e na garantía da axuda humanitaria presentamos aos grupos parlamentarios do Congreso un texto como proposta para elaborar unha PNL (proposición non de lei) con cinco demandas: 

  1. A esixencia dun alto o fogo permanente
  2. A esixencia dun acceso humanitario suficiente e sostido, especialmente en Gaza
  3. A esixencia de respecto ao Dereito Internacional Humanitario e dos Dereitos Humanos 
  4. Finalizar o comercio de armas entre España e Israel
  5. Traballar para unha solución negociada ao conflito

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: