Presentada a colección ‘Defensoras de Dereitos’ na Semana do Libro de Compostela

Os tres libros , editados pola Coordinadora Galega de ONGD e AGARESO, narran as vidas e activismos de tres defensoras de Honduras, México e Guatemala articuladas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.

Fonte: IPPDH

16 Setembro 2021 |

A colección de libros ‘Defensoras de dereitos’ presentouse na Semana do Libro de Compostela (SELIC).

A colección, impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) en colaboración con Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos (IM-Defensoras) e o apoio da Deputación de Pontevedra, narra as vidas de Miriam Suazo, Estela Ángeles Mondragón e María Cuc Choc. Tres activistas de Honduras, México e Guatemala que forman parte das máis de 2.000 mulleres defensoras organizadas en Mesoamérica, a rexión comprendida entre México e Costa Rica, arredor de IM-Defensoras.

Os libros están dirixidos ao público xuvenil e ten un formato adaptado para que, desde os centros educativos e os espazos de educación non regrada como os centros socioculturais ou biblioteca, se reflexione e traballe colectivamente o seu contido.

A autora dos tres libros é a xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal e as ilustracións son obra de Marta Conde e RotmInas

 

Coñece ás defensoras!

Os libros foron publicados en galego e castelán, na versión online, e en galego na versión impresa. Atopa aquí>>> toda a información

Roi Guitián

Roi Guitián

Roi Guitián

Roi Guitián

Roi Guitián

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: