O programa de acollemento temporal a defensoras de dereitos Galicia Abriga arrinca a súa terceira edición. Faino logo dun proceso de avalización da edición pasada, que acabou de revisarse estes días e que está dispoñible para consulta de quen o desexe.
Dende agora e ata o vindeiro 30 de abril, aquelas organizacións inscritas no rexistro galego de ONGD que o desexen poden solicitar a acollida temporal de mulleres defensoras de dereitos que pertenzan a organizacións sociais de países nos que a cooperación galega ten presenza.
Coa súa estancia temporal ao abeiro de Galicia Abriga, as defensoras de dereitos poderán mellorar as condicións de seguridade e benestar nas que desenvolven o seu traballo de defensoría.
Quen pode presentar a solicitude e como?
As candidaturas deben enviarse antes do 30 de abril de 2026 a info@galiciaabriga.org, correo no que se atenden tamén as dúbidas que poidan xurdir con respecto ao proceso.
Un Comité de Selección do Programa formado polo equipo xestor, a Coordinadora Galega de ONGD e unha representación da rede de apoio decidirá por consenso qué tres mulleres serán acollidas, os meses de setembro, outubro e novembro de 2026, entre as solicitudes recibidas en tempo e forma.
As organizacións galegas con candidaturas seleccionadas pasarán a formar parte da Rede de Apoio e serán a canle de comunicación entre o equipo xestor e a organización en orixe.


