En febreiro do 2018, un caso de comportamentos ilícitos de Oxfam Gran Bretaña en Haití, en 2011, e o seu gran impacto mediático, desencadeou unha onda de informacións sobre casos de acoso e abuso sexual en diversas organizacións que afectaron á credibilidade do sector das ONGD en xeral.
Como primeira reacción a Xunta de Goberno da Coordinadora Estatal de ONGD, da cal a Coordinadora Galega de ONGD é socia, foi emitir un comunicado e dar resposta a unha gran cantidade de medios de comunicación, unha contestación que tamén lecamos a cabo dende a Coordinadora Galega.
A Asemblea Xeral da Coordinador estatal acordou un plan de medidas para reafirmar o compromiso do sector coa loita contra a discriminación e a violencia contra as mulleres e na defensa dos dereitos humanos. O último ano, traballouse na revisión do Código de Conduta e nos indicadores da ferramenta de Transparencia e Bo Goberno.
Cambios no Código de Conduta
A Comisión de Seguimento de Código de Conduta analizou a información proposta polo Grupo de Transparencia e Rendición de Contas da Coordinadora, abordando os seguintes temas:
- Pautas comunicativas.
- Recursos Humanos.
- Voluntariado.
- Dereitos Humanos e empresas.
- Organismos públicos.
Como resultado da revisión aprobáronse 18 modificacións (substanciais e mínimas) e a substitución do termo “Sur”. Pódese consultar aquí>>>
Ferramenta de transparencia e bo goberno
Aprobáronse tres indicadores que serán de aplicación en 2020. Son:
- Código propio. Existe un Código de Conduta Propio aprobado polo órgano de goberno da Organización que conterá mención específica sobre abuso, acoso, fraude e condutas ilícitas e que estará asinado polas persoas traballadores e voluntarias e, no seu caso, aceptado formalmente polos demais grupos de interese segundo o ámbito de aplicación.
- Seguimento e cumprimento. Existe unha canle de denuncias propio e público, un procedemento regulador, e un órgano que vele polo seu seguimento. Devandito órgano reunirase como mínimo unha vez ao ano.
- Comunicación. Infórmase á Asemblea ou ao Padroado da organización do número, tipoloxía e medidas adoptadas de casos analizados polo órgano de seguimento da canle de denuncias.
Para máis información consultar a proposta completa de indicadores aquí>>>
Fonte: Coordinadora Estatal de ONGD