No Día das Persoas Cooperantes queremos lembrar o papel esencial que xoga a cooperación descentralizada -é dicir, aquela que se realiza dende os nosos pobos e cidades- no mundo en crise no que vivimos.
Non en balde, un número importante dos proxectos que desenvolven as nosas organizacións reciben o seu financiamento a través desta política pública. Por iso, estes fondos son cruciais para as vidas de miles de persoas no planeta. E por iso tamén é necesario fortalecer este tipo de cooperación, que se está vendo ameazada nalgúns territorios.
Os gobernos locais e autonómicos constituídos recentemente deben cumprir co establecido na nova Lei de Cooperación (que contou co apoio de case a totalidade dos partidos políticos) e avanzar cara ao cumprimento do 0,7%, o fortalecemento das súas estruturas e a garantía dun enfoque feminista e sostible.
Convidámosvos a coñecer máis fondo a cooperación descentralizada en Galicia e algúns dos proxectos desenvoltos polas nosas ONGD!