A Axuda ao Desenvolvemento, lonxe do compromiso do 0,7%

Os países doantes aumentaron os fondos de cooperación un 4,4% en 2021. Esta subida débese sobre todo ás doazóns das vacinas contra a Covid-19.

A Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) dos países doantes subiu un 4,4% no 2021, ata alcanzar os 179 mil millóns de dólares. Segundo anticipou o CAD, tal aumento débese sobre todo ás doazóns de vacinas contra a pandemia. Para tal fina destináronse 6,3 millóns de dólares, o que supón un 1,3% do total da axuda. A media mostra que os países realizaron un esforzo de axuda do 0,33% da súa Renda Nacional Bruta, unha cantidade moi alonxada do compromiso do 0,7% asumido hai 50 anos e renovado coa Axenda 2030. Só cinco países cumpren o acordado: Dinamarca, Alemaña, Luxemburgo, Noruega e Suecia.

As vacinas engordan a Axuda ao Desenvolvemento española

A AOD española creceu un 12,5% en termos reais. Os fondos acadaron os 3.542 millóns de dólares. Esta cifra significa que España realiza un esforzo do 0,25% sobre a súa Renda. En valores absolutos, sitúase na décimo segunda posición e, en canto ao esforzo da axuda, ocúpase o posto 20 dun total de 30 países.

O aumento da AOD é unha boa nova – tanto no que se refire á axuda bilateral como á multilateral e especialmente pola vía das doazóns-. Por primeira vez en 10 anos, sitúase por enriba dos 3.400 millóns de dólares (o equivalente a 3.000 millóns de euros). Porén, o impulso dese crecemento débese aos recursos destinados á pandemia: 456 millóns de dólares. Deles, ademais, unha boa parte (268 millóns) proveñen da doazón dos excedentes de vacinas. Contemplan eses excedentes de vacinas como AOD degrada a calidade da axuda e así o denuncia a Coordinadora de Organizaciones para el Desarollo recentemente. Son vacinas que non se compraron pensando na interese dos países que finalmente as recibiron. De feito, son un reflexo dun acaparamento da subministración que tivo graves consecuencias en amplas rexións do planeta e que, ademais, afectou negativamente á eficacia do proceso global de vacinación.

Como vimos facendo hai tempo, esiximos ao Goberno que cumpra os compromisos adquiridos en materia presupostaria. As institucións non conseguiron aínda recuperarse da “década perdida” e precisan fortalecer as súas capacidades para que a nova lei e a reforma do sistema de cooperación respondan aos retos globais que afrontamos.

Un mundo que esixe máis compromisos

O Informe do CAD sinala que, dende 1960, a AOD non deixou de crecer. De feito, dobrouse dende os anos 2000 e incrementou un 20% dende a adopción da Axenda 2030 no ano 2015. Recorda, ademais, que para os denominados países menos adiantados a AOD supón dous terzos da súa financiación exterior.

Os fondos destinados á acción humanitaria crecen un 3,5% ata acadar 18,8 millóns de dólares; isto supón un 10,5% do total da axuda. Os gastos destinados a atender a persoas refuxiadas, dentro dos países doantes, ascenderon a 9,1 millóns de dólares (5% do total). Esta cifra queda lonxe dos 16 mil millóns que acadou en 2016 coa chegada a Europa de persoas que fuxían da guerra en Siria. Aínda que o CAD permite contemplar este tipo de fondos como AOD, é unha decisión moi cuestionada polas ONGD.

Os fondos globais destinados á resposta fronte á pandemia acadaron 18,7 millóns de dólares (10,5% do total). A novidade do 2021 é o incremento na doazón de vacinas: 857 millóns de doses valoradas en 6,3 millóns (1,3% do total da AOD), corresponde a partidas que os países ricos acapararon no peor da pandemia e que logo doaron cando xa non as necesitaban. A pesar disto, o CAD aceptou contabilizar estas doses como axuda a 6,71 dólares cada unha delas. Os países que encabezaron esta práctica son Alemaña, Francia, España e Italia con 1,5 mil millón de AOD extra.

A cooperación bilateral realizouse fundamentalmente a través de doazóns (81%). Créditos e inversións supuxeron un 19%. O 30% da Axuda xestionouse a través de institucións multilaterais (12,5% máis que en 2020), con especial protagonismo das institucións europeas, que son o terceiro maior doante global con 19.027 millóns de euros, por detrás de Estados Unidos e Alemaña. A Unión Europea -institucións comunitarias e países membros- continúa sendo a maior doante global con 81,3 mil millóns (4,2% máis que en 2020) e un 0,49% do esforzo da axuda.

As ONG esixen un maior compromiso coa financiación “A AOD é un recurso vital, que desempeña un papel único no apio ás persoas máis necesitadas, para axudar a contrarrestar os impactos continuos da pandemia, os conflitos e a fraxilidade persistentes”. A Rede de referencia da sociedade civil no CAD así o sinala nun comunicado. Recordan que os membros do CAD tampouco cumpriron o seu compromiso de financiación climática de 100.000 millóns de dólares con recursos novos e adicionais que se recordou na pasada cumbre de Glasgow (COP 26). Unha falla de compromiso alarmante xusto agora que o IPCC sinala que nos quedan poucos anos para superar as peores consecuencias da crise climática.

Fonte: Coordinadora de ONGD – España

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: