Yolidia de Los Ángeles Hernández Gutiérrez

Nicaragua

Biointensivista – Responsable de xénero do proxecto

Áxel Karim Sáenz Juárez

Yolidia vive na Illa de Ometepe, Departamento de Rivas, Nicaragua. Naceu en Matagalpa e creceu na finca de seus pais, onde se ilusionou dende nena coa agricultura. Aínda que anos despois a vida e o contexto a levaron por outros camiños, a súa paixón polo traballo na terra seguiu vivo.  

De profesión mestra, Yolidia é activista social e identifícase como educadora popular, defensora dos dereitos humanos das mulleres e biointensivista. Dende o 2009, vive en Ometepe, onde xurdiu nela a necesidade de socializar e aprender da realidade local fronte á desigualdade e á violencia de xénero. Por isto, en 2011 comeza, a man doutras mulleres, a proxectar ideas que contribuíran a mellorar a condición e posición da muller da illa: cambios na dependencia económica, na ciolencia de todo tipo e na visibilización das mulleres. Así xorde, en maio de 2012, a Red de Mujeres de Ometepe (REMO), un movemento social comunitario de mulleres para a defensa dos seus dereitos humanos.

En 2014 coñece o Método de Cultivo Biointensivo mediante un obradoiro básico ofertado polo Centro de Capacitación, Investigación e Demostración (CCID) en Ganacastillo, Tipitapa, Nicaragua. Nese momento, decatouse de que ese método era o que andaba buscando, unha “opción de calidade de vida, unha oportunidade de defender a terra e a auga, de devolver a vida ao chan e, con isto á natureza, aos animais, ás persoas e ao planeta”. Así, co apoio doutras compañeiras biointensivistas e do CCID, en 2015 facilitou un obradoiro básico onde 31 persoas se capacitaron no Método, promovéndoo como alternativa de cambio ás prácticas tradicionais e cultura alimenticia. Dende entón, a REMO promove o Método en alianza con proxectos e co voluntariado internacional.  

“O desenvolvemento dunha persoa/comunidade está implícito na oportunidade de que acceda para facer cambios necesarios. A miña experiencia gañada e coñecemento adquirido é útil ao compartilo, e traballar polo cambio social dende o “aprender facendo” é un reto vixente neste proxecto”.

Yolidia fundou, da man doutras mulleres, a Red de Mujeres de Ometepe (REMO), un movemento social comunitario de mulleres para a defensa dos seus dereitos humanos.