A Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago poñen en marcha a VI edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación que se levará a cabo do 3 ao 17 de xuño en distintos espazos da cidade.
Campaña ‘Canto sabe(s)?’
Este ano, o eixe central do Compostela + Solidaria será a iniciativa ‘Canto sabe(s)?’, unha campaña de sensibilización na que participan 37 comercios da Asociación Comercio Punto Compostela e 14 ONGD galegas. Unha proposta que ten por obxectivo promover o coñecemento das realidades diversas dos países empobrecidos onde traballan as ONGD galegas xunto a organizacións locais.
Atopa aquí>>> toda a información.
Ciclo de cine social
Unha edición máis, e xa van catro, o Cinema NUMAX súmase ao Compostela + Solidaria coa organización dun ciclo de cine social. Desta vez será con cintas de directoras e directores de distintos países do Sur global e do Estado español en dúas sesións os días 9 e 16 de xuño, ás 20 horas.
Este ano o ciclo é exclusivamente documental coa vontade de ofrecer historias reais nas que falen as súas protagonistas.
Atopa aquí>>> toda a información.
Teatro social
Somos o que vestimos? Que sabemos sobre as implicación do consumo de roupa a nivel internacional? Cal é a realidade das traballadoras da industria téxtil no mundo? Para contestar a estas e outras preguntas, o 17 de xuño, ás 19 horas, o Centro Sociaocultural de Vite acollerá a obra de teatro ‘Vaia tea’. Nesta peza de Xucrut Teatre para Solidariedade Internacional Galicia representaranse situacións sobre o consumo de roupa acompañadas de humor e co obxectivo de promover a reflexión.
Atopa aquí>>> toda a información.