Resolta a primeira convocatoria de Galicia Abriga

O primeiro programa galego de acollemento temporal a defensoras de dereitos humanos recibirá a tres mulleres ao longo do verán.

Fonte: IPPDH

08 Abril 2024 |

Galicia Abriga dá un paso máis coa resolución da súa primeira convocatoria: o programa galego de acollemento temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos recibirá nos vindeiros meses a tres activistas.

As tres descansarán en Galicia do acoso que veñen recibindo das elites económicas e políticas dos seus países a causa da súa labor de defensa dos Dereitos Humanos.

Galicia Abriga, un proxecto da cooperación galega

O primeiro Programa Galego de Acollida Temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos nace en 2024 para que mulleres de organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza poidan saír temporalmente do contexto de risco para a súa integridade física e psicolóxica no que se atopan, debido ao seu labor como defensoras de dereitos.

O programa estrutúrase arredor dun equipo xestor conformado polas organizacións de cooperación ao desenvolvemento Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso e Ecos do Sur, e quince organizacións galegas que forman unha ampla e sólida rede de apoio. Impulsado inicialmente pola Coordinadora Galega de ONGD, Galicia Abriga e un proxecto do sector galego de cooperación internacional.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: