Protocolo de resposta ao COVID-19

Fonte: IPPDH

13 Marzo 2020 |

Ante a alerta sanitaria polo COVID-19, a Coordinadora Galega de ONGD pon en marcha un protocolo interno de resposta seguindo as recomendacións das autoridades de Saúde Pública. O protocolo estará en permenente revisión en función das novidades que se produzan.

A Coordinadora anula todas as actividades internas e públicas previstas ata o fin do estado de alarma e manterá a actividade laboral co teletraballo. Para a atención ao público, funcionarán os canais habituais: teléfonos (981 585 189 e 618 626 627) e correo electrónico (info@galiciasolidaria.org). A atención presencial queda suspendida.

Ante esta situación, dende a Coordinadora facemos un chamamento a manter a calma e non contribuír ao alarmismo. As medidas propostas dende as autoridades sanitarias son preventivas e de corresponsabilidade social co obxectivo de evitar o colapso dos servizos públicos e protexer aos colectivos máis vulnerables. É responsabilidade de todas contribuír a frear esta pandemia.

Para coñecer toda a información relacionada co coronavirus, animamos a consultar fontes fiables e evitar a propagación de rumores e novas falsas. Recomendamos estas páxinas:

Xunta de Galicia – Sergas
Ministerio de Sanidad
Organización Mundial da Saúde

Quedamos á vosa disposición para calquera consulta.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: