No marco do Plan de Formación da Coordinadora Galega de ONGD, organizamos un curso técnico sobre Enfoque Baseado en Dereitos Humanos (EBDH) e Xestión Orientada a Resultados.
O curso será impartido pola Fundación CIDEAL. E ten por obxectivo dar a coñecer os fundamentos da Xestión orientada a Resultados e do EBDH e a súa relación coa xestión de proxectos e o Enfoque do Marco Lóxico; abordar o proceso de selección de indicadores axeitados para a xestión de proxectos de desenvolvemento; e dar a coñecer os cadros de seguimento de resultados como instrumento para a xestión de programas e proxectos.
Neste enlace>>> podedes acceder ao programa completo.
A formación será de balde e terá lugar os días 10 e 11 de septiembre, en formato intensivo: 7 horas de actividade na aula en dous días consecutivos) en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30 horas. E terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP), en Compostela.
En total, habilitaranse 25 prazas. Utilizarase a orde do inscrición como criterio de selección aínda que terán prioridade as persoas vinculadas con ONGD integradas na Coordinadora Galega de ONGD.
O prazo para matricularse remata o día 7 de setembro (incluído). Podedes facer efectiva a vosa inscrición neste enlace>>>