Mariam Barghouti

Palestina ocupada

Disidente e defensora dos dereitos humanos

Heidi Levine

Mariam vive en Ramallah, na Cisxordania ocupada. Naceu na diáspora, en Estados Unidos, e foi na adolescencia cando se veu exposta por primera vez aos abusos do sistema colonial israelí. Desde entón recoñécese como defensora e hoxe, aos 27 anos, é unha destacada activista polos dereitos do pobo palestino.

Ademais de escritora, investigadora e tradutora, Mariam é xornalista. Fai chegar a súa voz máis alá do muro publicando análises e artigos de opinión en medios como Al-Jazeera, New York Times e The Guardian e denunciando a violencia e a ocupación israelí nas redes sociais. Dentro, tomou o espazo político negado sistematicamente á mocidade palestina e desde aí cuestiona a orde establecida pola Autoridade Nacional Palestina.

En 2014, Mariam foi detida polo exército israelí e encarcerada durante 6 días por facilitar a tradución a un periodista estranxeiro mentres cubrían unhas protestas en Cisxordania. “Os xornalistas en Palestina non teñen seguridade. Nin un chaleco de prensa nin unha organización protexe das violacións do exército israelí, da policía fronteiriza, dos colonos e dos tribunais militares.”

“Na nosa resistencia, resiliencia e imaxinación radical estamos plantando as sementes da esperanza e alimentando os brotes do cambio”.

Mariam forma parte de Al-Shabaka – The Palestinian Policy Network e recibe o apoio de Asemblea de Cooperación pola Paz no seu traballo como xornalista.