
XV Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social
Organiza AGARESO Data inicio 11/02/2025 - Data fin 09/04/2025 Límite inscrición 29/01/2025 Modalidade Presencial ou en liña Ver programa
AGARESO convoca Comunicar para o Cambio: o curso de especialización en comunicación para o cambio social que suma, con esta, quince edicións.
A formación -que pode desenvolverse de maneira presencial ou en liña, en función da matrícula escollida- ofrece 12 sesións (todos os martes e un mércores cada quince días) estruturadas en catro módulos:
- Discurso do odio racista
- Discurso do odio LGBTIQ+
- Tratamento informativo das migracións
- Divulgación e activismo medioambiental
Unha vez finaliza a formación, a Universidade de Vigo facilita certificado ou créditos. Agareso, pola súa parte, ofrece a dúas persoas unha beca para realizar un módulo práctico en terreo.
Toda a información está dispoñible clicando aquí.