Comunicar para o cambio – XIV Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social
Organiza AGARESO Data inicio 26/02/2024 - Data fin 20/03/2024 Límite inscrición 23/02/2024 Modalidade Presencial e en liña Ver programa
A ONGD Agareso convoca esta formación para quen desexe mellorar as súas prácticas comunicativas aplicadas ao sector social, xornalístico ou da produción audiovisual.
O curso ofrece dúas modalidades: presencial, na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, que se atopa en Pontevedra, ou en liña. A docencia ten unha duración total de 48 horas repartidas en 12 sesións, que se distribúen en catro bloques temáticos:
- Discurso de odio cada as persoas racializadas
- Tratamento informativo da identidade de xénero e orientación sexual
- Tratamento informativo das migracións
- Divulgación e activismo medioambiental
Como en edicións anteriores, a entrega dun traballo grupal ou individual permiote optar a unha viaxe de prácticas ao rematar o curso. Inscricións abertas ata o 23 de febreiro