Día das persoas cooperantes: sen Dereitos Humanos non hai desenvolvemento sostible

Fonte: IPPDH

07 Setembro 2018 |

Fonte: Coordinadora ONGD – España

 

Pablo Tosco, Oxfam Intermon

Este próximo sábado 8 de setembro celébrase o Día das persoas cooperantes. A data, elixida en 2006, é a do día en que @s dirixentes do mundo aprobaron no 2000, na sede das Nacións Unidas a Declaración do Milenio, unha alianza mundial para “reducir os niveis de extrema pobreza”.

Segundo o último Informe das ONGD españolas, o persoal laboral das entidades que compoñen a Coordinadora de ONGD – España ascende a 7.676 persoas. Delas, máis do 63,4% traballa noutros países, a maior parte persoal local. Miles de persoas sen as que sería imposible realizar os máis de 3.600 proxectos e programas que se levan a cabo en 105 países, principalmente en África e en América Latina e o Caribe. Proxectos e programas cos que se acompaña a 35 millóns de persoas para que poidan ter unha vida libre de pobreza, fame, explotación e violencias, para que poidan defender os seus dereitos e os das súas comunidades.

Na Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento – España este ano queremos aproveitar esta conmemoración para mostrar a nosa preocupación ante o cada vez maior número de leis e iniciativas en todo o mundo que restrinxen os espazos cívicos de participación da sociedade civil, perseguen e criminalizan ás organizacións nacionais e internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento e en favor dos Dereitos Humanos.

Ademais, nos últimos anos produciuse un incremento dos ataques contra o persoal humanitario. Entre 2007 e 2017, polo menos 1.155 cooperantes foron asasinad@s en todo o mundo. Nese mesmo período, rexistráronse 1.743 ataques contra organizacións nos que 1.110 persoas traballadoras resultaron feridas e 942 foron secuestradas. A gran maioría das vítimas, o 85%, eran empregadas nacionais dos países nos que traballaban, xa sexa para organizacións internacionais ou locais. Sen dereitos humanos, non hai desenvolvemento sustentable.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: