Programas no Exterior 2025

Convoca Xunta de Galicia Fin de prazo 27/02/2025 Ler convocatoria

A Xunta vén de publicar do Diario Oficial de Galicia a orde pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de cooperación no exterior promovidos por ONGD.

Os programas terán unha duración mínima de 25 meses e máxima de 36 meses, e poderán financiar actuacións dende o 1 de xaneiro de 2025 ao 31 de decembro de 2027.

As solicitudes poden presentarse ata o 27 de febreiro de 2025. Toda a información está dispoñible clicando aquí.